1 de feb. de 2017

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ SESIÓN PLENARIA ORDINARIA 


Este xoves día 2 de febreiro, ás 20:00 h.



DECRETO   0671/2017 

En uso das facultades que me confire o art. 21.1 c) da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local 7/1985 modificada pola Lei 11/1999, veño en convoca-la seguinte SESIÓN DO PLENO do Concello:

CARÁCTER: ORDINARIA
LUGAR DE CELEBRACIÓN: CASA DO CONCELLO
DÍA: 2 DE FEBREIRO DE 2017
HORA: 20:00 HORAS

ORDE DO DÍA:

PUNTO 1.- APROBACIÓN ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES (ORD. 25/11/2016 E EXTRAORD. 21/12/2016)
PUNTO 2.- DAR CONTA DOS DECRETOS.
PUNTO 3.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL Nº 1/2017.
PUNTO 4.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACION DA ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DE TUI E A GUARDA RELATIVO Á SUBMINISTRACIÓN DE AUGA A ESTE ÚLTIMO CONCELLO UTILIZANDO INSTALACIÓNS DE TITULARIDADE DO CONCELLO DE TUI.
PUNTO 5.-  MOCIÓNS.
1. RE nº 7.402 de CCD asumida mediante escrito RE 55 polo Partido Popular.- Moción para o inicio das obras da rúa A Cal no tramo da fonte da Cal hacia a estrada de Circunvalación.
2. RE nº 8.003 de CG.- Moción para a disolución da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Guarda.
3.  RE nº 8.039 de CG – Xacementos arqueolóxicos.
4. RE nº 231 do BNG – Moción para garantir o subministro eléctrico ás persoas sen recursos.
5. RE nº 232 do BNG.- Moción para prevención, control e corrección dos efectos que provoca o xabarín.
6. RE nº 265 da Peña Celtista do Baixo Miño asumida por escrito  RE 285 do Partido Popular.- Cambio de denominación de rúas.
7. RE nº 273 da Concelleira non Adscrita.- Moción para que o Concello da Guarda solicite a modalidade de bacharelato de arte para o IES A Sangriña de A Guarda
8. RE nº 407 de CG.-  Reordenación e saneamento do espacio entre as casetas e o muño de Mazaracos.
9. RE nº 408 de CG.- Expedición de DNI na Casa dos Alonsos
10. RE nº 432 de CG.- Polo mantemento do servizo de ADIF en Guillarei.
11. RE nº 469 do PP.- Moción para publicitar o regulamento de lixo.
12. RE 470 do PP.- Moción para a retirada das palmeiras mortas do espazos públicos.
13. RE 471 do PP.- Moción para a modificación da fonte da Alameda.
14. RE 484 da Concelleira non Adscrita.- Moción para a revisión dos reductores de velocidade existentes no municipio e adaptación, se é preciso, á normativa vixente.
15. RE 485 de CG.- Proposta de creación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos.
16. RE 486 do BNG.- Moción para promover o coñecemento da obra e do compromiso coa lingua, coas mulleres e cos pais de Rosalía de Castro.

PUNTO  6.- ROGOS E PREGUNTAS
Notifíquese a presente convocatoria a todos os membros do Pleno, e expóñase no taboleiro de anuncios para xeral coñecemento de todo os veciños, e remítase así mesmo a prensa local.

CONVOCADOSD. Antonio Lomba Baz, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. Miguel A. Español Otero, Dª Mª. Elena Baz Rodríguez, D.Manuel Javier Crespo González, Dna. Mª. Teresa Vicente Baz, D. Paulino Rodríguez González, Dª. Mª de la Concepción Ortega Martinez, D. José Carlos Castro Martínez, D. Roberto José Alvarez Carrero, Dna. Elena Acevedo Rolán, D. Oscar Alonso Alvarez, D. Angel Luis Baz Vicente, D. Xan Lois Lomba Alonso, Dª. Mª Mercedes Martínez Vazquez, D. Celso Juan Rodríguez Fariñas, e Dª. María de Fátima Iglesias Ferreira.


A Guarda, 30 de xaneiro de 2017

O Alcalde,

Antonio Lomba Baz

Ningún comentario:

Publicar un comentario