30 de xan. de 2017

VIGO

OS MANIQUÍES ESCOLLEN O REGGAE ESTE VENRES 3 DE FEBREIRO  

A Asociación Cultural Minho Reggae celebra os seus 7 anos de vida cunha festa de aniversario en La Fiesta de los Maniquíes a partir das 11 da noite.  



Xoan Lois Vila / Vigo

 A coñecida Asociación Cultural Minho Reggae está de aniversario. Naceu hai mais de sete anos. Con un grupo de amigos querían dar pulo á música reggae, e das súas ganas, ideas, persistencia e esforzo naceu a Asocición Cultural Minho Reggae. 

 Leva sete edicións do festival Minho Reggae Splash ás súas costas, así como outros eventos durante a súa andaina, coma o Compostela Reggae, o Fetival Reggae de Vigo entre outros. E para celebrar o seu aniversario como merece, e desexar máis anos coma estes últimos fará unha festa este venres 3 de febreiro no xa mítico local de Vigo La Fiesta de los Maniquíes, en Rogelio Abalde 11, Churruca.  

 O Aniversario comezará ás 23h coa presentacion do Video Resumo da pasada edición do Festival Minho Reggae Sunsplash 2016, tamen un pequeno coloquio e o anticipo de algunhas das confirmacións do festival 2017; como por exemplo a artista Mo´Kalamity & The Wizards que representará a Lusofonia desde Cabo Verde o 2 de setembro no escenario principal do Festival Minho Reggae Sunsplash 2017 en Goián, Tomiño. 

 O aniversario continuará cunha Sesión de Reggae Acústico ao vivo a cargo de coñecidos músicos e artistas como Javier Marcos (Transilvanians), Xoan Lois Vila (Meninos Carentes), Rebel Roots, Iyaman Pablo, tamén músicos de Elephans Yard entre otros de reggae de Vigo e arredores, e para rematar contaremos coa selección e a musica dun dos pioneiros seletores e pesquisadores de reggae da escena viguesa; Herri Selectah.  

 A coñecida Asociación Cultural Minho Reggae volverá facer un tributo ás músicas xamaicanas. Por séptimo ano consecutivo continúa difundindo a música reggae con artistas nacionais e internacionais e unha cultura da solidariedade, a ecoloxía e a fusión entre os pobos.     

 Hai sete anos a Asociación pediu apoio en varios concellos e institucións culturais galegas para a realización do Minho Reggae Splash en Galicia. Tamén fixeron a proposta na beira portuguesa do Miño e atoparon o apoio da Cámara de Vilanova de Cerveira. Hoxe en día a Asociación Cultural Minho Reggae organiza en Goián o festival, co apoio do Concello de Tomiño xunto co apoio da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira. 

 A idea foi facer un festival transfronteirizo con sede nos concellos miñotos, dous días de festival nas dúas beiras do río Miño onde poder reivindicar o respeto pola natureza, a cultura galego portuguesa e a Eurorexión. Aquela aventura que comezou en 2010, consolídase tras sete edicións como un dos festivais de reggae con máis relevancia do sur de Galicia e norte de Portugal.  

 Por suposto, sempre apoiando e potenciando ás bandas locais e toda a escena reggae galega, pero tamén artistas de Europa e América.   

 Polo escenario do Minho Reggae Splash teñen pasado artistas coma Benjamin, Alpheus, Winston Francis, Vivian Jones ou Earl 16, todos eles de raíces xamaiquinas. Tamén bandas do Brasil coma Reggae a Semente,Terra Prometida, Banda Rutera, Ukiemana, Angatu,...  

 No 2017 levarán a cabo a oitava edición do Minho Reggae Splash para a cal teñen reservadas moitas sorpresas.  

 De momento este Venres 3, en La Fiesta de los Maniquíes tes unha cita este venres para comezar a fin de semana con boa música e boas vibracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario