30 de xan. de 2017

TUI

ACTIVIDADE DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 

O alumnado do IES San Paio participou na XII Edición de Quilómetros de Solidariedade en colaboración coa ONG Save the Children
  


Informa (Redacción e fotografía): Alonso Vidal / Tui

 Co motivo da celebración do Día da Paz e non Violencia, o alumnado do IES San Paio participou baixo a organización do Departamento de Educación Física, na XII Edición de Quilómetros de Solidariedade en colaboración coa ONG Save the Children. Ésta é a primeira vez que o centro educativo participa nesta carreira benéfica, onde o alumnado co apoio de patrocinadores comprométese a percorrer un determinado número de quilómetros. Con esta suma de actividade física e solidariedade recoaudouse unha cifra de 2.400 € que axudarán a que miles de cativas e cativos teñan acceso a auga potábel, a unha alimentación axeitada e a unha educación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario