30 de xan. de 2017

GOIÁN

CINEMA

O CINECLUB POLEIRO COMENZA UN NOVO CICLO 

O xoves día 2 de febreiro, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián

Corazón xigante, de Dagur Kári, é a historia dun inadaptado social cun corazón que namora




Rita Alonso / Goián

 O xoves, 2 de febreiro, ás 21:30 horas, o cineclub Poleiro proxecta no Auditorio de Goián, unha película de cine islandés. Corazón Xigante, dirixida por Dagur Kári é unha combinación de drama e romance, cálidamente divertida e sorprendente.

 Sinopse
 Con 43 anos, Fúsi é un inadaptado, con sobrepeso, que nunca tivo noiva e cuxo único interés son as batallas da Segunda Guerra Mundial, que reproduce en miniatura no apartamento no que vive coa nai. Un día recibe un cupón para acudir a unha escola de baile onde coñece a Sjöfn, unha muller coma él, solitaria e con profundas feridas psicolóxicas.

 Premios: 
 Festival de Tribeca. Mellor película, actor e guión 2015.
 Seminci de Valladolid: Mellor actor, 2015.

Críticas:
 “Kári salta dende a xélida Islandia ata os nosos cines para conmovernos ca sua quinta longametraxe e unha personaxe de tomo e lomo. Javier Ocaña. El País.

 “Combina hiperrealismo e surrealismo para conseguir unha película amable e tenra,…,monumental interpretación de Gunnar Jónsson.”Alberto Luchini. El Mundo.

 O xoves, 9 de marzo, proxéctase o thriller, Unha tarde para a ira, ópera prima do actor Raúl Arévalo que acaba de arrasar nos premios Feroz e compite esta semana, con once nominacións, nos Goya.

 O xoves, 6 de abril, Cementery of Splendour, un drama de tintes fantásticos e surrealistas dirixido polo tailandés Weerasethakul sobre unha extraña enfermidade que provoca alucinacións nos soldados.

 O xoves , 4 de maio pecha o ciclo a francesa Mustang, dirixida por Deniz Gamze. Un drama contra a sinrazón da relixión, ambientada en Turquía.  

 O bono para as catro películas custa 10 euros. 

 O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario