16 de xan. de 2016

PATRIMONIO

Forte de S. Francisco, em Chaves


Forte de S. Francisco

José  Buiza Badás

 Nessa visita obrigada a Chaves, na tentativa de pesquisar as fortificaçons da Raia Seca, acrescento este forte sediado na colina da Pedisqueira e pertinho do rio Tâmega. Enclave que, junto de S. Neutel, a 800 metros dele e o revelim chamado da Madalena, complementam umhas defesas e linhas murárias que arrancam do castelo medievo. Trata-se dum forte abaluartado, de planta centralizada mas rectangular cujos polígonos interno e externo condicionam outros pormenores. Detalhes que é preciso referir e que som os que se seguem:

 Esse polígono exterior mede entre guaritas NO e NE, bem como guaritas SO e SE um comprimento de 188 m., nom sendo assim entre guaritas NE e SE e guaritas NO e SO, de 175 metros. As longitudes entre as cortinas oeste e leste, de 127 m. e as do norte e cortina sul, de 110 metros, ratificam um plano que já nom e estrictamente quadrado, senom rectangular. As distâncias entre os vértices dos ângulos flanqueados que tracejam-se em diagonal, somam 260 metros nos bastions NO  e SE e  62 m.  entre os do SO e NE. Portanto, prevalece aqui o critério axial, simétrico, ainda que o cruzamento de linhas diagonais  seja ajeitado.

 As instalaçons do interior, sendo como é um estabelecimento hoteleiro que implicou  reabilitaçom e novas feiçons, ajusta-se a disposiçons diagonalizadas e também perimetralizadas. Aí estivo durante muito tempo sepultado o primeiro Duque de Bragança, D. Afonso, na Capela que lá continua chamada de Sam Francisco. No exterior, chama a  tençom a diferença de alturas nos lenços ou a falta de parapeito nalguns tramos. Alturas que poderám oscilar,  reparem, entre os 5 m. e os 20 m. por causa dos desníveis e a adaptaçom ao terreno. Muros de aparelho irregular, salvando cantos, guaritas ou vans, que fazem mistura com obras em silharia para o trabalho pontual de reforço e algum requinte.

 As guaritas dos bastions som cilíndricas, com cupulim redondo, corpos em silharia, cordóm a volta e lâmpadas de molduras ou anéis concêntricos.

 Dous acessos tem este forte-hotel. A Porta Sul ou de Armas é coroada por umha guarita centralizada, hexagonal e com cordóm a volta que separa silhares, mais trabalhados acima e mais toscos em baixo. Tal guarita apresenta cupulim piramidal, com cornija e pináculo. Um frontóm curvo e partido, onde se inserem os rebaixes para a ponte levadiça e os seus cadeados, alteia-se, peralta-se por forma a abrigar um escudo, criando ademais finas entrâncias que fazem e alfiz integrador, prolongado, atingindo a lâmpada ou base da guarita. O arco de meio ponto tem umha jambagem de 16 peças e as  aduelas resumem 2 salmeres, 2 contrachaves, 6 rins e a própria chave.

 Também, a entrada oeste, descentrada, recolhe um arco de pior feitura, com aduelagem de 11 peças e chave remarcada, impostas e jambas ou ombreiras em talud. Um entabulamento com arquitrave e cornija sustentam um escudo de quinas, castelos e besantes.

 Umha aprimorada jardinagem dá nota a este lenço oeste sublinhando um espaço de acolhimento, declarado Monumento Nacional em 1938, onde nom faltam curiosamente emprazadas a piscina   no bastióm sureste e umha pista de ténis no baluarte noreste. O conjunto lembra a tantos outros que converterom praças fortes em estalagens. Tal exemplo temo-lo no no incrível Forte da Conceiçom de Osuna  no distrito de Salamanca e a 500 metros da fronteira com Portugal.

R.P.I.

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA INSTA O GOBERNO MUNICIPAL A AXILIZAR O TRASPASO DO CENTRO DE SAÚDE 

Celso R. Fariñas: "(...) A día de hoxe, non sabemos a situación real de dito traspaso, namentras a Administración Local está asumindo gastos de luz, telefonía, calefacción, pequenos arranxos, limpeza, e outros, non só de persoal, senón tamén de productos e materiais, que o remate do ano, significa un bó “pellizco económico” que podería ser adicado a outras áreas das que é responsable directo o Concello (...)".

O Centro de Saúde de A Guarda, ubicado na zoa de As Coutadas
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 No exercicio de súa labor como membro da Corporación Municipal, Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, ven de presentar no Concello de A Guarda, en data 14.01.2016, e con Rexistro de Entrada nº 0267, á seguinte interpelación:

¿PARA CANDO O TRASPASO DO CENTRO DE SAÚDE?

 Cada vez que se pregunta nos Plenos sobre a situación do Centro de Saude, sempre se escoita a mesma frase, “(…) estamos rematando o papeleo e pronto será unha realidade (…)” pero a isto, somentes falta poñerlle música, porque o “baile está montado” e na mentras o Concello sigue cargando cúns gastos que teñen que ser asumidos pola Xunta.

 Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias, constituiron en marzo do 2.014 a Comisión Bilateral para dar inicio a transferencia dos Centros de Saúde de titularidade Municipal a Xunta.

 A Disposición Transitoria Primeira da Reforma Local (Lei 27/2013) establecía que os servizos “impropios” que estaban asumidos polos Concellos, tiñan que pasar obligatoriamente a titularidade das Comunidades Autónomas, no noso caso, a Xunta por medio do SERGAS, marcando un prazo de CINCO (5) anos para que foran asumindo o mantenemento dos mesmos, aportando un 20% anual, e no caso de non facelo, esa cantidade sería retida do financiamento autonómico e compensar a entidade local deses gastos impropios. 

 A día de hoxe, non sabemos a situación real de dito traspaso, namentras a Administración Local está asumindo gastos de luz, telefonía, calefacción, pequenos arranxos, limpeza, e outros, non só de persoal, senón tamén de productos e materiais, que o remate do ano, significa un bó “pellizco económico” que podería ser adicado a outras áreas das que é responsable directo o Concello.

 Non imos a debatir sobre a calidade técnica da construcción do inmoble do Centro de Saúde, pero sí está claro, que co paso do tempo, o séu deterioro é evidente, o que implica maiores custos de mantenemento e nada imos decir sobre o “tipo de terreo” , debendo deixarse moi claro, cal é o espacio conrresponde as instalacións, é cal a alameda ou plazoleta adicada o poeta Feliciano Rolán, que xa existía denantes desa instalación.

 Polo que dende Converxencia Galega vimos a solicitar se nos informe e aporten os documentos que o Concello de A Guarda ten actualizados e aportados a Comisión Bilateral para dar continuidade a tramitación para que o terreo e o inmoble do Centro de Saúde pase a propiedade da Xunta de Galicia.                                                                                                                                                                                               A Guarda, a 27 de Decembro do  2.015


Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente
Sra Conelleira de Sanidade
Sr. Secretario Acctal
Concello de A Guarda

GOIÁN

O Concello de Tomiño urbaniza o entorno da nova escola infantil de Goián

A obra, cun importe de máis de 86.000€, permitirá conformar un espazo público de preferencia peonil no Camiño Vello, conectando a praza de abastos e a praza Antonio Fernández


Infogauda / Goián

 O Concello de Tomiño comezou as obras de urbanización do entorno da nova escola infantil de Goián. Con esta actuación a rúa Camiño Vello no tramo entre a escola infantil e a praza de abastos pasará a incorporarse ao espazo público xerando un amplio entorno de preferencia peonil. 

 A actuación pretende dar continuidade as distintas actuacións nos espazos públicos que ten feito o Concello de Tomiño, nomeadamente a Praza Pintor Antonio Fernández. A obra consistirá no derrube do actual muro que delimita a parcela, xerando un amplio espazo público de 1.210 m2, con zonas verdes, árbores e mobiliario urbano. 

 O proxecto contempla tamén a canalización dos servizos de telefonía e alumeado público e a pavimentación de todo o espazo, garantindo a accesibilidade aos equipamentos públicos e eliminando barreras arquitectónicas. 

 O importe da obra é de 86.394€ e está adxudicada a empresa Construcciones Villa y Sambado (COVISAM). 

 As obras de urbanización iniciaronse este semana e teñen de prazo 3 meses, aínda que se as condicións climatolóxicas acompañan o Concello e a empresa aspiran a que se poidan finalizar antes das festas de entroido. 

 Co remate destas obras porase fin ao proxecto da nova escola infantil, e a Xunta poderá iniciar a súa apertura. A nova escola infantil de Goián terá 61 prazas e completará o actual servizo de escolas infantís de Tomiño, pasando a ser o único concello da comarca con dúas escolas infantís. 

 O Concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, destacou a importancia desta intervención xa que “outorga para disfrute dos veciños e veciñas de Goián un novo espazo humanizado na que os peóns teñen prioridade por riba dos coches”. Segundo Benítez, “este proxecto continúa na liña de actuacións anteriores no Concello como a Praza do Seixo ou o torreiro de Currás ven de ser remodelado. O novidoso desta intervención é que aporta accesibilidade nun espazo de equipamentos públicos permitindo un uso para todos e todas os veciños e veciñas redundando na calidade de vida dos goianeses”.  

GALICIA

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, fixo hoxe balance das medidas activadas polo Goberno galego para facilitar o acceso a un fogar a persoas con dificultades 

Preto de 6.400 familias con rendas baixas beneficiáronse en 2015 das axudas da Xunta para pagar o alugueiro da súa vivenda 

Vázquez salienta que se prevé que 6.520 familias poderán acollerse este ano ás subvencións do Executivo autonómico para facer fronte ao alugueiro do seu inmoble 

Indica que grazas á colaboración coa Sareb e coas entidades financeiras disponse de 240 vivendas máis, que xa se están ocupando, para atender a familias que teñen que abandonar o seu fogar por non poder facerlle fronte á hipoteca 

Reitera que a Xunta dirixiuse ás entidades coas que se teñen asinado colaboracións (SAREB, ABANCA, Banco Sabadell-Galego e Caixa Rural) para solicitar un especial esforzo na cesión de vivendas nas cidades da Coruña e Vigo 

Lembra que tamén se activou o Bono de Alugueiro Social, destinado a atallar os problemas de desafiuzamentos por impago do alugueiro, do que se vén de publicar nova convocatoria cun investimento que supera os 4 millóns de euros 

Outra iniciativa impulsada esta semana é o Censo de Vivendas Baleiras, no que as entidades bancarias deberán inscribir todas aquelas vivendas baleiras que posúan nos concellos de máis de 10.000 habitantes

Ethel Vázquez na rolda de prensa  
Foto: Ana Varela

Infogauda / Santiago de Compostela

 Preto de 6.400 familias con rendas baixas beneficiáronse en 2015 das axudas da Xunta para pagar o alugueiro da súa vivenda. Así o destacou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que xunto co director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, fixo balance das medidas activadas polo Goberno galego para facilitar o acceso a un fogar a persoas con dificultades.  

 Vázquez salientou que se prevé que un total de 6.520 familias poderán acollerse este ano ás subvencións do Executivo autonómico para facer fronte ao alugueiro do seu inmoble, iniciativa cun investimento de case 13 millóns de euros.  

 A conselleira indicou que estes programas de apoio ao alugueiro están a cumprir cos tres obxectivos fixados: facilitan o acceso da vivenda a un importante número de familias con ingresos reducidos; permiten axustar as rendas mensuais que pagan os adxudicatarios á capacidade económica de cada familia; e tratan de dar cobertura e unha resposta eficaz ás persoas e familias que se atopan en risco de perder o seu fogar.  

 Estes datos amosan o compromiso da Xunta, que está buscando a colaboración de axentes públicos e privados e poñendo á disposición dos afectados as medidas e os recursos necesarios que garantan o acceso a unha vivenda aos que máis o necesitan.  

 A titular de Vivenda explicou que esta aposta ten o máximo expoñente no Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, aprobado hai case un ano. Este plan consolida os programas en marcha desde hai tempo e establece novas medidas co obxectivo de chegar aínda máis lonxe e dar resposta a un maior número de persoas e situacións de desprotección.  

 Os últimos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial apuntan un descenso nos desafiuzamentos, pero indican que a meirande parte deles se deben ao impago do alugueiro. Así, o Goberno galego está a reforzar nos últimos tempos esta liña de traballo, coa posta en marcha de medidas como o acordo asinado coa Sareb, para a cesión de vivendas baleiras para alugueiro social; ou os convenios asinados coas entidades financeiras, entre eles coa maior entidade financeira de Galicia.  

 A conselleira indicou que grazas a esta colaboración disponse de 240 vivendas máis, que xa se están ocupando, para atender a familias que teñen que abandonar o seu fogar por non poder facerlle fronte á hipoteca. Ademais, engadiu que esta colaboración tamén está a axudar na prevención de novos casos, posto que as entidades financeiras se teñen comprometido a non botar a ninguén da súa vivenda por non poder pagar a hipoteca, só a cambio dun alugueiro social no que colabora a Xunta.  

 Ethel Vázquez lembrou que tamén se activou o Bono de Alugueiro Social, destinado a atallar os problemas de desafiuzamentos por impago do alugueiro; do que se vén de publicar unha nova convocatoria, cun investimento que supera os 4 millóns de euros.  Outra iniciativa impulsada esta semana é o Censo de Vivendas Baleiras, no que as entidades bancarias deberán inscribir todas aquelas vivendas baleiras que posúan nos concellos de máis de 10.000 habitantes. Isto proporcionará información fiable e permitirá incorporar os inmobles baleiros á política social de vivenda, polo que se contará cun novo mecanismo para axudar ás persoas que máis o necesitan.  

 Vázquez precisou que a Xunta pretende seguir ampliando estas medidas, sobre todo alí onde máis demanda existe. Por iso mesmo, recentemente o Goberno galego dirixiuse ás entidades coas que se teñen asinado os protocolos de colaboración (SAREB, ABANCA, Banco Sabadell-Galego e Caixa Rural) para solicitarlles un especial esforzo na cesión de vivendas nas cidades da Coruña e Vigo.  

 A responsable de Infraestruturas reiterou que a pesar do camiño avanzado, a Xunta non se dará por satisfeita mentres unha soa familia estea en risco de perder o seu fogar.   

CAMINHA

WRC Vodafone Rally de Portugal nas estradas de Caminha a 20 de maio

Sucesso alcançado em 2015 garante manutenção da prova na Região Norte


Infogauda / Caminha

 No próximo dia 20 de maio, o WRC Vodafone Rally de Portugal está de regresso às estradas de Caminha. Pelo segundo ano consecutivo, depois de cerca de três décadas de ausência, uma prova automobilística de impacto mundial vai animar as estradas do concelho, potenciando o turismo e a economia local e levando o nome e as imagens da nossa Terra a milhões de pessoas em todo o mundo.  

 Depois de um regresso à Região Norte algo atribulado em 2015, pela retirada do habitual apoio do Poder Central, a união de vários municípios, designadamente o nosso, com o Porto e Norte de Portugal tornou possível a realização da prestigiada prova.  

 Segundo um estudo do Centro Internacional de Investigação em Território e Turismo (CIITT) da Universidade do Algarve, em parceria com a Universidade do Minho, o Rally de Portugal 2015 gerou um impacto económico de 3 milhões de euros no concelho de Caminha.  

 Entretanto, o investimento feito pelo Município para que a prova pudesse ser efetuada permitiu ainda recuperar quilómetros de caminhos florestais, o que se revelaria determinante para o desempenho dos bombeiros que, cerca de uma semana depois, foram confrontados com um grande incêndio naquela parte do território caminhense.  

 Este ano, tal como em 2015, o Rali de Portugal realiza-se entre 19 e 22 de maio, sendo o segundo dia, sexta-feira, passado no Alto Minho. O Automóvel Club de Portugal reuniu hoje com representantes dos 14 municípios envolvidos na organização da próxima edição do WRC Vodafone Rally de Portugal, nas instalações do Turismo do Porto e Norte de Portugal. Segundo o ACP, "o encontro teve como intuito dar a conhecer, em primeira mão, às autarquias de Amarante, Baião, Caminha, Fafe, Guimarães, Lousada, Matosinhos, Mondim de Basto, Paredes, Ponte de Lima, Porto, Valongo, Viana do Castelo e Vieira do Minho, o formato da prova de 2016, depois do enorme sucesso alcançado na edição do ano passado, o que permitiu garantir a permanência do Rally de Portugal no Norte e no Campeonato do Mundo de Ralis".  

 "O Vodafone Rally de Portugal de 2015 foi um rali moderno, tão compacto quanto possível, tendo a seu favor o facto de se disputar numa região de grande beleza, intimamente ligada à história e ao prestígio do rali e facilmente acessível aos muitos milhares de entusiastas da modalidade, portugueses e estrangeiros, razão pela qual foi decidido manter inalterado para a edição de 2016 o essencial da estrutura da prova", adianta ainda o ACP.  

 Na sexta-feira, dia 20, a prova desloca-se para o Alto Minho, onde terão lugar três classificativas distintas - Ponte de Lima, Caminha e Viana do Castelo, contando cada uma delas com uma dupla passagem dos concorrentes, a primeira de manhã e a segunda durante a tarde.  

 "Com uma extensão total de 1.688 km, dos quais 368 km competitivos distribuídos por 19 provas de classificação, o Vodafone Rally de Portugal 2016 mantém as características que estiveram na base do sucesso da edição anterior, afirmando-se como uma prova contemporânea, compacta e perfeitamente adaptada às expectativas da FIA, do promotor e dos participantes".

CAMINHA

Museu Municipal convida a população a participar na exposição de fotografia "AMAR-TE"

A exposição estará patente na Galeria de Arte Caminhense de 13 a 28 de fevereiro


Infogauda / Caminha

 “Amar-te” é o nome da exposição de fotografia subordinada ao tema “Afetos” que o Museu Municipal de Caminha está a organizar. Trata-se de uma mostra aberta a qualquer amador ou profissional de fotografia. Para participar é simples: basta registar três momentos que sintetizem o que é o Amor e enviar via email para o Museu até ao dia 11 de fevereiro.   

 Esta exposição coletiva dá o mote para as comemorações do Dia de São Valentim e estará patente de 13 a 28 de fevereiro na Galeria de Arte Caminhense.   

 Para fazer deste um grande momento, o Museu Municipal convida a população a participar. Deste modo, os interessados devem enviar três fotografias cujo teor seja o “Amor” para museu@cm-caminha.pt, até ao dia 11 de fevereiro. Posteriormente, o Museu procederá à sua impressão e de 13 a 28 de fevereiro estarão expostas na Galeria de Arte Caminhense, de forma a serem apreciadas por todos aqueles que visitem a exposição.  

 Paralelamente a esta mostra, durante as comemorações do Dia de São Valentim, o Município de Caminha irá promover outras atividades.

CAMINHA

Mostra reúne obras de todos os artistas que expuseram na Galeria de Arte Caminhense em 2015

Exposição Retrospetiva 2015 inaugura dia 23 de janeiro


Infogauda / Caminha

 Inaugura dia 23, no Museu Municipal de Caminha a exposição Retrospetiva 2015. Esta mostra de pintura reúne obras dos artistas que expuseram o ano passado na Galeria de Arte Caminhense. A exposição poderá ser visitada até ao dia 28 de fevereiro.   

 Para o Município a exposição Retrospetiva é uma forma de divulgar o espólio artístico que vai arrecadando ano após ano, bem como de promover e reconhecer o trabalho dos artistas que escolheram a Galeria de Arte Caminhense para exporem os seus trabalhos, contribuindo assim para o desenvolvimento cultural e artístico do Município.   

 Esta exposição procura também sensibilizar os vários públicos para a arte e para a cultura, nomeadamente desenvolver o sentido artístico junto dos públicos mais novos e dos mais idosos através dos serviços educativos. 

 Esta exposição vai ser complementada com ateliers de pintura cujos públicos-alvo são a comunidade escolar e os utentes dos Centros de Dia/Convívio e Lares do Concelho de Caminha.   

 Na sala de exposições temporárias do Museu Municipal de Caminha estarão expostos trabalhos de Lúcio Danin, Américo Carneiro, Maria das Dores Gomes, José Luís Pais, Luis Campos Ferreira, Maria Manuela Morais Martins, Valentim Rodriguez, Charo Trigo, Puskas, João Marrocos, Vitor Carneiro, Álvaro Torres, Isabel Ferreira, Lucie Esteve, Dacha, Maria Cândida Enes, Mário Rebelo de Sousa, Madalena Macedo e Lurdes Rodrigues, Alfonso Vicente Rey, Santareli, Joel Correia, João Miguel Monteiro Barros e Grupo de Artesãos de Caminha – Artesanato na Vila.   

 A exposição Retrospetiva 2015 estará patente no Museu até ao dia 28 de fevereiro, podendo ser visitada de terça a sexta-feira das 9h30 às 18h00, ao sábado das 9h30 às 12h30 e das 14h00 às 18h00 e ao domingo das 10h00 às 12h30 e das 15h00 às 17h30.

DEPORTES

DAMIÁN ALONSO ALONSO, DE A GUARDA, PROCLAMOUSE CAMPIÓN DE EUROPA DE REMO ERGÓMETRO

Damián Alonso Alonso, Campión de Europa 2016, de Remo Ergómetro
Foto: L. P.


Infogauda / Deportes


 O remeiro Damián Alonso Alonso, de A Guarda (Galicia), ven de proclamarse en Gÿor (Hungría), Campión de Europa 2016, de Remo Ergómetro. 

 No Audi Arena, de Gÿor, Damián Alonso, liderou a regata, seguido de preto por Craig Guest, Fabian Lahrz e Scott Pollock. Posteriormente, no minuto 04:57, sería Craig Guest o que o relevaría. 

 Finalnente, a coraxe, o pundonor e a excelente forma física de Damián Alonso, fixeron posíbel que o remeiro guardés recuperase a primeira posición rematando a regata con un crono de 06:23.09, por diante dos seus rivais máis directos, como Cseliná, que acadou un crono de 6:42.8 Dese xeito, con un esforzo persoal digno de todo eloxio, o deportista guardés fíxose coa Medalla de Ouro, acadando o Campionato de Europa 2016 de Remo Ergómetro. Un novo éxito para seu brillante palmarés deportivo e unha nova satisfacción para tódolos seus seguidores incondicionais.

Damián Alonso e Luis Pazos, dous grandes Campions do Remo Ergómetro, con cadansúa Medalla de Ouro, logradas en Gÿor (Hungría)

 Por outra parte, temos que salientar que Luis Pazos, compañeiro de Damián Alonso, liderou desde o primeiro intre ata o derradeiro, a regata correspondente a súa categoría, logrando un crono de 06:15.1, por diante de Attila Fehér, que acadou un rexistro de 06:31.8. En terceira posición quedou Sebastién Rodríguez, con un crono de 06:34.1.

VIGO

SANIDADE

Sergas e Alcer asinan un acordo de colaboración para a posta en marcha de mecanismos que faciliten o estacionamento dos pacientes no aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro 

O acordo foi asinado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña e pola presidenta de Alcer, Antonia Hernández 

As accións a desenvolver oriéntase en tres liñas fundamentais  

O acordo foi asinado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña e pola presidenta de Alcer, Antonia Hernández

Infogauda / Vigo

 O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a presidenta da Asociación para a loita contra as enfermidades do ril (ALCER) de Pontevedra, Antonia Hernández Cerviño, asinaron hoxe, na cidade olívica, un acordo de colaboración entre o Sergas e a antedita asociación para facilitar aos pacientes que reciban tratamento de hemodiálise, consulta ou proba diagnóstica programada neste centro hospitalario da rede do Sergas, o estacionamento no aparcadoiro do recinto hospitalario, xestionado pola empresa concesionaria do mesmo.  

 As accións a desenvolver oriéntase en tres liñas fundamentais, unha primeira de emisión de bonos/tarxetas de aparcamento asignados aos vehículos utilizados polos pacientes ou os seus familiares/acompañantes, dos previstos e cos prezos recollidos para cinco ou dez días, que permitan a utilización dos mesmos en días non sucesivos, sen caducidade temporal.  

 A solicitude dos bonos/tarxeta poderá realizarse directamente a través de ALCER ou a través do servizo correspondente do Hospital Álvaro Cunqueiro, mediante formulario. Unha vez cumprimentado, presentarase no aparcadoiro aos efectos da súa expedición.  

 Unha segunda liña, de habilitación dun espazo no aparcadoiro para cinco vehículos que será xestionado pola asociación ALCER, sen custe para a mesma, para o uso de pacientes ou os seus familiares/acompañantes.  

 Para o uso destes espazos, que serán empregados exclusivamente nas quendas de hemodiálise, deberá dispoñerse da pertinente autorización de ALCER, autorización que deberá estar en lugar visible dende o exterior do vehículo. No seu caso, poderá solicitarse a presentación da tarxeta de acceso, que sería facilitada dende o Sergas, se a habilitación do espazo de aparcadoiro así o aconsellase.  

 A terceira liña, oriéntase ao establecemento das medidas precisas para facilitar o acceso destes pacientes ao aparcadoiro en circunstancias excepcionais, como pode ser no caso de desprazamentos imprevistos, de xeito que a formalización dos trámites indicados anteriormente non impida ou dificulte este.     
O máis barato 
 A sinatura de hoxe vense a engadir a outras melloras que están a incrementar notablemente a accesibilidade dos pacientes, profesionais e visitas ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Así, cómpre lembrar que o Sergas acordou coa UTE concesionaria do Hospital que os dous aparcadoiros, tanto o subterráneo como o de urxencias, reduciran os seus prezos dende o 1 de decembro do pasado ano, de tal xeito que a primeira media hora de aparcamento é gratis, a segunda media hora custa 0,9 euros, e o resto de horas teñen un custe dun euro por hora. Ademais, os prezos máximos por día limítanse a 8 euros no caso do aparcadoiro subterráneo e de 10 euros no caso do aparcadoiro de urxencias, o que supoñen as tarifas máis baixas comparadas coas de calquera aparcadoiro municipal da cidade de Vigo. 

CULTURA

A programación do centenario de Cela ofrecerá na Biblioteca Nacional de España e no Museo Centro Gaiás unha ampla exposición sobre a vida e obra do Premio Nobel Galego 

O conselleiro de Cultura e Educación presentou esta mañá as actividades para celebrar esta efeméride, que coincide cos 25 anos da apertura en Iria Flavia da Casa-Museo do escritor 

O Ministerio de Educación e Cultura, AC/E, o Consello da Cultura Galega, a Deputación da Coruña, a Universidade de Vigo e a Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes son algunhas das institucións que participan na celebración

Monumento adicado a Camilo José Cela, en Padrón

Infogauda / Padrón (A Coruña)

 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou onte en Padrón a programación coa que Xunta de Galicia, a través da Fundación Pública Camilo José Cela, conmemorá neste 2016 o centenario do nacemento do Premio Nobel galego.  

 O calendario de iniciativas, que inclúe exposicións, un congreso, cursos, un ciclo de cine, novas edicións, certames literarios, actividades escolares e diversos proxectos de dixitalización do fondo documental da fundación, terá o seu atractivo central na mostra ‘CJC 2016. O centenario dun Nobel’, que se inaugurará na Biblioteca Nacional de España (BNE), en Madrid, o próximo 23 de xuño, onde permanecerá ata o 2 de outubro. Comisariada por Adolfo Sotelo Vázquez e coorganizada por Acción Cultural Española (AC/E), coa colaboración de Abanca e da BNE, a exposición exporase tamén no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura do 11 de novembro de 2016 ao 19 de febreiro de 2017.  
Poñer en valor o legado de Cela 
 Román Rodríguez salientou como principais obxectivos da conmemoración desta efeméride poñer en valor e reforzar o coñecemento da figura, da obra e do legado de Cela, dando a coñecer, ademais, a relevancia do autor na súa época, no seu contexto social e cultural. Así mesmo, e de forma paralela, búscase promover o coñecemento da Fundación e do labor que se desenvolve desde hai 25 anos na Casa-Museo de Iria Flavia.  

 O fomento da investigación, do estudo e do debate científico arredor da traxectoria vital e profesional de Cela é outro dos obxectivos que destacou o conselleiro, que estivo acompañado na rolda de prensa polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira. Tamén participaron no acto a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González, e a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da Universidade de Santiago, Mª Dolores Álvarez, entre outras autoridades.  
 Exposicións dentro e fóra de Galicia 
 A grande exposición que se levará a cabo na BNE e na Cidade da Cultura enmárcase nunha oferta de iniciativas ampla e diversa para divulgar e poñer en valor o legado do Premio Nobel galego, na que participan diversas administracións e institucións públicas e privadas, tanto galegas como do resto do Estado.  

 Xunto coa mostra principal, a programación inclúe diversos proxectos expositivos sobre a figura e obra do escritor. A Fundación José Cela acollerá tres exposicións ao longo do ano. De febreiro a abril exhibirase ‘El rucio de Sancho’, en conmemoración do IV centenario do pasamento de Miguel de Cervantes, co apoio da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.  

 Entre maio e agosto será a quenda de ‘Compañías convenientes. Diálogos de arte contemporáneos co home poliedro’, unha mostra de arte contemporánea comisariada por Paula Cabaleiro na que colabora a Deputación da Coruña. E, a partir de setembro e xa ata fin de ano, a sede de Iria Flavia acollerá ‘O gran coleccionista’, que percorre as múltiples coleccións do escritor que se conservan na Casa-Museo.  

 Fóra da sede, o legado de Cela será protagonista de maio a xullo na Biblioteca de Galicia a través da mostra ‘Xoias que son revistas. A hemeroteca de CJC’; mentres que a Deputación de Guadalaxara organizará no verán unha mostra arredor de ‘Viaje a la Alcarria’. 

 A figura de Cela tamén se proxectará no exterior coa mostra ‘Arxentina na vida e obra de CJC’, organizada pola Biblioteca de Galicia, estará en Buenos Aires coincidindo co protagonismo de Santiago de Compostela como cidade convidada na 42º Feira Internacional do Libro que se celebra na cidade porteña. “É dicir, un atractivo máis para reforzar o papel de Galicia no maior mercado editorial de América do Sur”, afirmou o conselleiro.  
 O legado en liña 
 Para favorecer o acceso á súa obra e ao valioso fondo documental que conserva a Fundación Cela, realizaranse tamén iniciativas de dixitalización de diverso material para a súa difusión e posta ao dispor da cidadanía a través da rede. Co Consello da Cultura Galega, colaborarase para a dixitalización e posta a disposición en liña do epistolario de Cela con autores e outras personalidade relevantes da cultura galega. Así mesmo, o Ministerio de Educación e Cultura e a Biblioteca de Galicia traballarán da man na dixitalización de parte do arquivo fotográfico da Fundación, composto por máis de 3.000 imaxes, que estará accesible a través de Galicia, a biblioteca dixital de Galicia, así como dos repositorios Hispana e Europeana.  

 Ademais, a Fundación asinará un convenio coa Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes para a creación dunha páxina específica do autor neste portal, na que tamén se dixitalizará e publicará parte do fondo documental da Fundación Cela.  
Concursos e actividades para todo o público 
 A programación do centenario foi concibida para reforzar o coñecemento da figura de Cela entre o conxunto da cidadanía. Para iso intensificarase a programación escolar que a Fundación vén desenvolvendo anualmente, na que se inclúen visitas dinamizadas, obradoiros, valixas didácticas e recursos interactivos. Ademais, do 10 ao 21 de maio desenvolverase na sede de Iria Flavia unha nova edición do ‘Letreseo’, na que se conmemorarán o centenario, o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos a través de actividades especiais para a comunidade educativa, con xornadas de portas abertas, entre outras iniciativas. 

 Nesta mesma liña, xunto co Centro Autonómico de Formación e Innovación de Galicia realizaranse actividades destinadas á comunidade educativa, como un roteiro literario previsto para o mes de marzo.  

 Tamén continuarán a súa traxectoria o club de lectura ‘Anagnósis’, organizado pola Fundación e o Concello de Padrón, e dous certames xa consolidados: o de Microrrelatos da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, que chega á súa quinta edición con categorías infantil, xuvenil e de adultos, e que conta coa colaboración de El Corte Inglés; e o de Micropoemas José García Nieto, xa para adultos, cuxa terceira edición se organiza xunto coa Fundación García Nieto.  
 Cela na pantalla 
 A vinculación de Cela coa sétima arte tamén estará moi presente na programación. A Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do Centro Galego de Artes da Imaxe, na Coruña, organiza en outubro de 2016 o ciclo de cine Un novelista na pantalla, co que percorre as facetas de Cela de como actor, guionista, produtor etc.  

 Tampouco faltarán as publicacións. Ademais da reedición da obra ‘A rosa’, El Patito Editorial publicará un cómic sobre o autor co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para difundir a súa vida e a obra a través da banda deseñada.  
 Estudo e reflexión 
 O público máis especializado poderá afondar na figura do autor a través de diferentes cursos, congresos e xornadas que se celebrarán ao longo do ano. O primeiro deles estará organizado pola Consejería de Educación, Juventud y Deporte da Comunidade de Madrid arredor da obra de Cela, e terá como destinatario o profesorado. Así mesmo, a Universidad Camilo José Cela ten previsto organizar en maio un congreso internacional dedicado ao Premio Nobel.  

 Xa en Galicia, Paula Cabaleiro coordinará un seminario no marco da mostra ‘Compañías convenientes. Diálogos de arte contemporáneos co home poliedro’, que acollerá a Fundación Cela entre maio e agosto. Tamén na sede de Iria Flavia se desenvolverá en setembro o curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo-Galicia ‘A polifonía literaria de Camilo José Cela (1916-2002)’. Finalmente, a Biblioteca de Galicia conmemorará en decembro a entrega do Nobel a Cela cunhas xornadas de literatura coordinadas por Javier Pintor.  
Unha celebración compartida 
 O conselleiro quixo ademais agradecer na rolda de prensa a implicación de todas as entidades colaboradoras na programación, nomeadamente o Goberno central, a Biblioteca Nacional de España, a Acción Cultural Española, o Consello da Cultura Galega, as deputacións da Coruña e de Guadalaxara, o Concello de Padrón, a Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, Abanca, El Corte Inglés e as universidades de Vigo, Camilo José Cela e Internacional Menéndez Pelayo.  

 Finalmente, o conselleiro de Cultura e Educación salientou o labor desenvolvido pola Fundación Pública Galega Camilo José Cela para a difusión da figura do Nobel galego, institución que conmemora tamén este ano o 25 aniversario da apertura da Casa-Museo dedicada ao autor en Iria Flavia. Principais celebracións arredor do libro e da lectura 
 Xunto con esta efeméride, en 2016 tamén serán protagonistas do calendario cultural as Irmandades da Fala, das que se conmemora este ano o seu centenario; o dramaturgo Ramón María del Valle-Inclán, con motivo do 150º aniversario do seu nacemento, e autores como Borobó, Miguel González Garcés e Lorenzo Varela, no marco do seu centenario. Ademais, a Xunta de Galicia volverá contribuír con diversas actividades durante todo o ano para celebrar as Letras Galegas, que este ano lle dedica a Real Academia Galega ao escritor Manuel María.  

 Todas estas celebracións forman parte do Calendario do libro e da lectura 2016, que pode consultarse na páxina web www.cultura.gal   

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra inviste máis de dous millóns de euros para que 200 persoas teñan a súa primeira experiencia laboral en concellos e servizos da institución 

Esta actuación enmárcase, tal e como subliñou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, na aposta do novo goberno da Deputación de Pontevedra polo emprego e a formación Carmela Silva 

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, deu a coñecer a aprobación na Xunta de Goberno do Plan de Práctica Laboral

Infogauda / Pontevedra

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer a aprobación na Xunta de Goberno do Plan de Práctica Laboral, a través do cal a institución provincial destina máis de dous millóns de euros para que 200 bolseiras e bolseiros da provincia, cunha titulación universitaria ou superior de formación profesional e sen experiencia laboral, poidan realizar, durante un ano, a súa primeira práctica profesional en concellos de menos de 50.000 habitantes e nos servizos da institución provincial. En concreto, 166 persoas terán a súa primeira experiencia laboral nos concellos e 34 nos servizos da Deputación de Pontevedra.  

 Carmela Silva destacou que "o emprego e a formación son unha aposta fundamental do novo goberno da Deputación" e subliñou que "desde as administracións debemos facer todo o posible para dotar de recursos económicos actuacións que fomenten o emprego e o crecemento económico". Ao respecto Silva engadiu que "durante o 2016 investiremos 15,3 millóns de euros, un 20,5 % máis do que destinaba a anterior corporación ao fomento do emprego e á formación".  

 Ademais, a presidenta da Deputación destacou "que a estas 200 bolsas hai que sumarlles os 1.550 empregos enmarcados no Plan Concellos, así como as bolsas para empresas da provincia que aprobaremos nos vindeiros días. En total estamos a falar de que máis de 2.000 persoas atoparán emprego durante o 2016, con condicións e salarios dignos, grazas á Deputación de Pontevedra". 
SMARTPEME  
 Pola súa banda, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá "a contratación -en palabras de Silva- transparente, xusta e equitativa, a diferenza do que acontecía coa anterior corporación, por 607.420 €, do servizo de deseño, posta en marcha e xestión da rede SMARTPEME, para a xestión dos seis centros provinciais de asesoramento empresarial nas localidades de Ponteareas, O Porriño, Vigo, Pontevedra, Cambados e Lalín".  

 Carmela Silva destacou que "SMARTPEME substitúe o anterior proxecto CPAE 2.0, incorporando cambios significativos e unha nova estratexia centrada en achegar valor ás empresas, así como en prestar un servizo individualizado baseado nas demandas de pemes e autónomos en materia de novas tecnoloxías". Silva engadiu que "SMARTPEME traballará en estreita colaboración cos axentes empresariais da provincia de Pontevedra poñendo, ademais, a disposición das pemes e os autónomos casos de éxito do emprego que teñen acontecido en diferentes empresas e comunidades".  
Material deportivo  
 A presidenta da Deputación de Pontevedra informou tamén da adxudicación, por 128.876 €, da subministración de diverso material deportivo a clubs da provincia de Pontevedra, cun aforro de case o 50 % con respecto ao prezo de saída do concurso. Neste contexto, Carmela Silva informou que "ao longo do 2016 volveranse convocar novas liñas de axudas para que os clubs poidan solicitar material, en concorrencia competitiva e en igualdade de condicións".  Conectadas  
 A Xunta de Goberno da Deputación tamén aprobou o expediente de contratación, por valor de 321.433 €, da xestión e execución do programa Conectadas, dirixido a favorecer o asociacionismo das mulleres. En concreto, a presidenta da institución provincial recordou que a través deste programa se desenvolverán 46 accións formativas clasificadas en oito bloques temáticos: Iniciativas sostibles para o emprego, Artes visuais, Actualízate, Coas túas mans, Porque ti o fas, Súmate ao cambio, Ponte en forma e Coidados persoais. 

DEPORTES

DAMIÁN ALONSO ALONSO, REMEIRO DE A GUARDA (GALICIA), COMPETIRÁ ESTE SÁBADO NO CAMPIONATO DE EUROPA DE REMO ERGÓMETRO 2016

A proba pódese seguerse en directo pola Rede de redes


Damián Alonso Alonso, en Budapest (Hungría)
Foto: Luis Pazos

    Luis Pazos e Damián Alonso nas horas previas a súas respectivas competicións
    Foto: Damián Alonso

  Infogauda / Deportes


  Ás 13:30 horas deste sábado día 16 de xaneiro de 2016, o remeiro guardés Damián Alonso Alonso, disputará á proba correspondente a súa categoría, no Campionato de Europa de Remo Ergómetro que se está disputando no Audi Arena, de Budapest (Hungría).

 Tódalas persoas que desexen presenciar á competición de Damián Alonso Alonso, poden face-lo a traverso da Rede de redes, premendo nesta ligazón.

 Por outra parte, informamos que seu compañeiro Luis Pazos, que ten compartido con Damián Alonso os intres previos á competición, participará ás 13:50 horas.