Medio Ambiente elaborará este ano un novo Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Natural do Monte Aloia
A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, participou hoxe na reunión ordinaria da xunta consultiva deste espazo natural
Centro de interpretación da natureza “Casa Forestal Enxeñeiro Areses”, no monte Aloia
Infogauda / Tui
O Parque natural do Monte Aloia contará o próximo ano cun novo Plan Reitor de Uso e Xestión. Así o comunicou onte a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, durante a súa participación na reunión ordinaria da xunta consultiva deste espazo natural, que tivo lugar no centro de interpretación da natureza “Casa Forestal Enxeñeiro Areses”.
Nesta xuntanza, ademais, foi presentada a memoria anual de actividades que se desenvolveron no Parque Natural durante o 2016.
En canto a actuacións futuras, adiantou que se adxudicaría de forma inminente o contrato para o deseño e execución de campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental que, cofinanciado polo Feder, desenvolverase en todos os parques naturais galegos e dará servizo de atención ao público durante os próximos dous anos
Xuntas consultivas
As xuntas consultivas están reguladas pola Lei 9/2011, de 21 de agosto, de Conservación da natureza, así como polo Decreto 265/2007, do 28 de decembro, que establece a composición das mesmas. Teñen como obxectivo colaborar na xestión do espazo protexido e canalizar a participación dos propietarios e os intereses sociais. Para conseguilo, contan con membros que representan ás administracións, aos propietarios e a entidades relacionadas cos parques naturais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario