INFORMACIÓN DOS HORARIOS DO FERRY "SANTA RITA DE CÁSSIA"
Ferry Boat "Santa Rita de Cássia"
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda, informan que os días 22 e 23 de decembro a última viaxe do ferry será ás 18:30 horas dende A Pasaxe (Camposancos) A Guarda.
Por mor da coincidencia coa pesca da angula que se está a realizar estes días, o ferry verá modificado o seu horario. Tanto hoxe, xoves día 22 de decembro, como mañá o último servizo dende A Guarda será ás 18:30 horas e dende Caminha, a última viaxe se realizará ás 18:00 horas.
Ademais, infórmase que o sábado 24 e o domingo día 25 de decembro, coincidindo coa celebración do día de Nadal, non haberá servizo de ferry. Tampouco o vindeiro día 31.
En calquera caso, recórdase que para calquera dúbida os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 611 526.
Ningún comentario:
Publicar un comentario