22 de dec. de 2016

A GUARDA

O PP DA GUARDA ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE APROBAR UNS ORZAMENTOS DE COSTAS AOS VECIÑOS 

Conchi Ortega cualifica de “chapuceiros” os orzamentos, onde se esquecen ata de incluír os ingresos que se van a percibir de outras administracións. 

•   Nós non queremos ser cómplices de unha xestión que ten en segundo plano aos veciños e ás súas reclamacións e necesidades, respectamos a quen decida apoiar o Alcalde pero nos, non o fixemos”.  

A voceira popular, Conchi Ortega, critica ademais que a concelleira de Cultura, Elena Baz, vote a favor dos orzamentos cando se ve beneficiada a súa asociación, tendo todo o dereito a recibila, iso non o cuestionamos en ningún momento, pero ela debía ausentarse na votación por imcompatibidade ao menos ética.  

Conchi Ortega Martínez, voceira do Partido Popular no Concello da Guarda

 Infogauda / A Guarda

 O Partido Popular da Guarda ven de facer público que lamenta que o Goberno local aprobe uns orzamentos, grazas ao voto a favor da concelleira non adscrita e Converxencia Galega, de costas ao concello, sen ter en conta as súas vellas demandas aprobadas en Pleno, como mellora de varias  rúas, das inmediacións de Centro Cultural, baños, duchas, pavillón da Sangriña,…    

 A voceira popular, Conchi Ortega Martínez, critica ademais que a concelleira de Cultura, Elena Baz, vote a favor dos orzamentos cando se ve beneficiada a súa asociación. Ten todo o dereito a recibila, eso non o cuestionamos, pero ela debía ausentarse na votación por incompatibilidade

 Factura o Concello e recibe subvencións do concello e ela mesma xestiona eses cartos. Debería plantexarse cando menos se é ética esa actitude”.   

 Nesta liña Conchi Ortega preguntou ademais ao Grupo de Goberno porque non se aproba a ordenanza de emerxencia social e se dota de orzamento, unha das nosas peticións dende hai meses. En canto a subvencións culturais e sociais, solicitamos un regulamento de baremos, xa que se conceden sen criterio e se suben ou rebaixan sen criterio.   

 O mesmo acontece co reparto de axudas aos clubs deportivos. 

 A voceira popular asegura que nin o propio Goberno Local entende os criterios de reparto. Non se teñen en conta se compiten dentro da provincia, se teñen que desprazarse a outras comunidades autónomas ou se compiten a nivel internacional, nin o número de federados que teñen. 

 “Fan falta unhas bases para conceder subvencións e teñen que ter moito ollo coas incompatibilidades na hora do voto, porque nin o Partido Popular nin os veciños as entenden”, explica Conchi Ortega. 

 A voceira popular considera que son uns presupostos “chapuceiros”, onde non están nin incorporada a partida do Plan Concellos de máis de 700.000 euros que concede a Deputación.   

 Nin están contemplados estes ingresos, nin se dixo en ningún momento en que se van destinar estes cartos procedentes de Deputación. Non sabemos se o saben eles ou se igual que fan cos presupostos o van improvisar. Os grupos da oposición coñecerémolos pola prensa a que van destinar estes cartos, porque neste momento igual non o teñen claro nin eles”. 

 “Desaparece con respecto ao orzamento de 2016 a partida para contratar á empresa redactora do PXOM, contradicíndose a eles mesmos cando aseguran que o PXOM segue adiante pero non lle destinan nin un euro, cando en Maio fixo un ano que a outra empresa redactora do PXOM manifestou a súa vontade de deixalo”, explica Ortega. 

 Tampouco se recollen as mocións aprobadas en 2015 e 2016, nin as presentadas polo Partido Popular nin as súas propias. “Algo moi significativo e definitivo ademais - engade Conchi Ortega - para xustificar o voto en contra do Partido Popular, non só mocións que supoñen gastos, senón tamén ingresos para financiar o Grupo de Emerxencias a través dos seguros.  

 Así mesmo non se nos deu explicación se a moción das bonificacións do IBI do Partido Popular, vai recollidas no capítulo de ingresos de estes orzamentos.  

 Acaban de aprobar unha moción para a inclusión da Guarda na Área Metropolitana, na que o Concello terá que achegar o 20% da redución no transporte e unhas cotas de gastos fixos mensuais e non aparecen por ningunha parte.  

 “Que non teñan en conta as mocións do PP, aprobadas con todo polo pleno, pode ser unha decisión política, pero que se esquezan das decisións e acordos que eles mesmos tomaron durante todo este ano é para darlle xa o premio Nobel de Matemáticas, como di o alcalde, ironiza Conchi Ortega. 

 “Os orzamentos son - segundo afirma a portavoz popular - o reflexo da xestión que se quere realizar ao longo do ano, e estes presupostos son os do Goberno Local, e polo que parece agora tamén os da concelleira non adscrita e Converxencia Galega, pero non os Orzamentos do Partido Popular. Nós non queremos ser cómplices de unha xestión que ten en segundo plano aos veciños e ás súas reclamacións e necesidades, respectamos a quen decida apoiar o Alcalde pero nós non vamos a facelo.   

 “Só lles aconsello que presten máis atención ao que os veciños reclaman e que comecen de unha vez por todas a xestionar os cartos de todos para atender o que eles solicitan”, conclúe Conchi Ortega. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario