19 de dec. de 2016

A GUARDA

AS ASOCIACIONS DECORAN ÁS PRAZAS DA GUARDA 

Con orixinais montaxes navideñas como parte do programa do concello “Decora o teu Nadal”
   

A concelleira de Cultura, Mª Elena Baz Rodríguez con varios usuarios do Centro San Xerome Emiliani
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Na mañá deste luns día 19 de decembro, a concelleira de Cultura, Mª Elena Baz Rodríguez, achegouse ás prazas máis representativas da Guarda para comprobar o traballo realizado polas asociacións do municipio.  

                              A Asociación Avelaíña adornou a Praza do Coruto

 Este traballo consistiu na decoración navideña das mesmas, como parte do  programa “Decora o teu Nadal” convocado dende a Concellería de Cultura da Guarda para convidar  as asociacións a colaborar nunha iniciativa que busca potenciar a participación das asociacións da vila, dándolles visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana deste Nadal 2016.  

 Deste xeito seis asociacións participaron nesta iniciativa que ten como tema o “Decorado Urbano de Nadal”, e cada unha delas adornou, utilizando na súa meirande parte materiais de refugallo, unha praza da vila.  

A asociación Vento Mareiro adornou a Praza do Reló

 A asociación Vento Mareiro adornou a Praza do Reló, conseguindo un espectacular resultado utilizando como material base botellas de plástico. 



 Dúas das prazas da contorna da Igrexa foron adornadas pola asociación Xamaraina e outra pola Asociación Sopa de Sobre. 

Dúas das prazas da contorna da Igrexa foron adornadas pola asociación Xamaraina e outra pola Asociación Sopa de Sobre.


 Outra das participantes foi a asociación San Xerome que embeleceu a praza coñecida como “Alamediña”. 

A Asociación Avelaíña decorou a Praza do Coruto

 As decoracións que se poden ver na Praza do Coruto foron realizadas pola Asociación Avelaíña. 

O Sporting Guardés foi responsable dos adornos que se poden ver na Alameda

 Por último, o Sporting Guardés foi responsable dos adornos que se poden ver na Alameda, e son a primeira asociación deportiva que participa nesta iniciativa que se vén facendo nos últimos anos.  

 O concello da Guarda quere agradecer a estas asociacións o traballo e a implicación amosados para decorar A Guarda nestas datas tan sinaladas e tamén por involucrarse nunha iniciativa para visibilizar a labor das asociacións da vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario