22 de dec. de 2016

A GUARDA

Proxección do filme “Cuento de Navidad” 

Este venres día 23, ás 17:30 h., no Centro Cultural da vila, dentro da programación de Cinema Infantil 



  Infogauda / A Guarda

 Coa chegada do inverno, do frío e do Nadal, que traen consigo as vacacións dos máis pequenos da casa, unha das principais actividades de lecer é o cinema. Dende a Concellería de Cultura da Guarda ofrécense diversas películas de balde durante estas semanas, tanto para adultos como para os nenos da vila.  

 Dentro da programación de Cinema infantil para o mes de decembro, este venres día 23 proxectarase no Centro Cultural da Guarda, ás 17:30 horas, o filme “Cuento de Navidad”. A película de animación, protagonizada por Jim Carrey, traslada a historia do clásico escrito por Charles Dickens e logra capturar o espírito destas datas amosando a importancia de valores como a xenerosidade e a solidariedade.   

 Ademais, tamén teremos Cinema Infantil nos primeiros días do ano 2017, coa proxección do filme de animación “Los Minions” no Centro Cultural o mércores 4 de xaneiro ás 17:30 horas. Unha película moi actual que conta o pasado dos protagonistas amarelos de “Gru, mi villano favorito” e que de seguro arrancará as risas de pequenos e grandes. 

 Dende o concello da Guarda convídase ás familias guardesas a acudir a estas datas co cinema, para amenizar as tardes destas festas cos pequenos da casa desfrutando de bo cine e de boa compañía. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario