18 de out. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN QUE O CONCELLO DESENVOLVA UNHA CAMPAÑA DE DESRATIZACIÓN

Celso R. Fariñas concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Con data 13 de outubro, e Rexistro de Entrada nº 6.549, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, presentou no Concello de A Guarda, á seguinte proposta: 

CAMPAÑA DE DESRATIZACIÓN URXENTE           

 Dende fai bastante tempo, e agora ca caída das primeiras chuvias, alomenos pola zona de Enrique María Sesto, Manuel Alvarez e Circunvalación, aparte do susto que levou algún veciño/a, varios locais comerciais recibiron a “visita” de pezas de bo tamaño e peso, provocando a alarma polo lugar.

 O problema exposto anteriormente, con seguridade se está dando tamén noutros puntos da nosa localidade, polo que consideramos que debe levarse a cabo de xeito urxente e inmediato unha campaña de desratización na nosa localidade, polo que dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Equipo de Goberno do PSOE para [que] diseñen da maneira máis rápida posible unha campaña de desratización por todo o pobo.   

 A Guarda, a 13 de Octubro do 2.016

Celso R. Fariñas 
 Concelleiro de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario