13 de set. de 2016

A GUARDA

Horarios do ferry dende o martes 13 ao domingo 18 de setembro   

O ferry "Santa Rita de Cássia" 
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda ven de facer público a seguinte nota informativa: 

 A falta de calado debido ás mareas baixas provoca que o ferry non poida navegar. Por esta razón, algunhas viaxes teñen que ser canceladas.  

 Cada semana confírmanse as saídas garantidas segundo a previsión das mareas. Os horarios deben ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono (+34) 986 61 15 26.  

 Durante esta semana, dende o martes día 13 ao domingo 18 de setembro os horarios serán os seguintes:



 As saídas previstas para este martes, mércores e xoves están aseguradas grazas á mellora da navegabilidade do ferry; excepto as saídas marcadas con asterisco (*).  

 Pola contra, o venres, sábado e domingo algunha saída pode ser cancelada debido á marea baixa (de mañá) e ata o mesmo día non será confirmada polo patrón. Por iso, para asegurarse, recoméndase chamar ó número de teléfono antes citado do despacho de billetes no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario