18 de dec. de 2015

A GUARDA

Entrega de diplomas para os participantes da 2ª edición - “QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!” 

Xornadas para Mellorar as Habilidades Profesionais   

Unha monitora e varios participantes do taller organizado por Érguete Baixo Miño
Foto: Érguete Baixo Miño

Infogauda / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño, ven de celebrar o pasado mes de outubro por segunda vez este ano 2015, unhas xornadas da 2ª Edición do Taller denominado “Queres Traballar? Axudámosche!!” que pretende mellorar a empregabilidade e a inserción de persoas desempregadas e/ou que teñan dificultades de integración no mercado de traballo. Os temas abordados foron: 

-         Currículum Vitae Eficaz 
-         Automotivación 
-         Entrevistas de Traballo   

 Nesta ocasión, sumáronse aos participantes varios membros da Asociación San Xerome Emiliani, para os cales foi un gran reto que desembocou nun éxito. Durante varias xornadas de traballo os/as participantes adquiriron destrezas e habilidades que incrementan a súa empregabilidade.   

 Esta actividade foi financiada pola da Deputación de Pontevedra e as cotas dos socios da Asociación Érguete Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario