24 de out. de 2015

A GUARDA

CULTURA

AS ESCAVACIONS ARQUEOLÓXICAS NUN SECTOR DO MEGAPOBOADO GALAICO ROMANO DO MONTE SANTA TREGA APORTAN INTERESANTES NOVAS

Onte rexistrouse o achádego dunha peza de especial valor no Poboado de Mergelina



Nas imaxes pódense apreciar tanto á posición na que estaba, como ás súas principais características, da cabeza antropomorfa atopada onte no poboado Mergelina, do megapoboado galaico-romano do Monte Santa Trega (A Guarda)
Fotos: C.A.G.



Infogauda / A Guarda

 Na mañá do venres, día 23 de outubro, o equipo de arqueólogos, restauradores e demais persoal que participa nas escavacións do barrio de Mergelina no monte Santa Trega, financiadas pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, atopáronse cunha das pezas máis singulares entre os miles de fragmentos que desde que se iniciou a intervención no mes de agosto se levan xa clasificados e siglados.

 Segundo informou o executivo municipal do Concello de A Guarda "trátase dunha cabeza antropomorfa, perfectamente identificable, que presenta como rasgos máis salientables unha realista representación das dúas orellas e unha liña que ben pode delimitar un casco ou simplemente o cabelo".

 Foron testemuñas do achádego desta peza de especial valor, un grupo de alumnos do IES A Sangriña, que participaba no programa de visitas guiadas organizado polo Padroado Municipal Monte Trega ás escavacións e tamén varios arqueólogos británicos que se atopaban tamén de visita no xacemento. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario