24 de out. de 2015

A GUARDA

O BNG insta ao Alcalde a tomar medidas sobre os apagóns de luz na Guarda   

O BNG non é a primeira vez que denuncia esta situación sen resultados por parte do goberno do PSOE  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Corporación  Municipal de A Guarda.

Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito instando ao Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e ao seu goberno municipal, “a que tomen medidas serias para que rematen os cortes de luz en diferentes zonas do concello.  

Estes episodios véñense repetindo en diferentes zonas como Salcidos, rúa Malteses, Mazaracos, incluíndo a zona da praza do Reloxo e en diferentes épocas do ano, afirma Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Corporación  Municipal de A Guarda.  

 Ángel Luis Baz relembra que o BNG xa denunciou en xullo os cortes de luz da zona de Salcidos e a rúa Oliva. Tanto membros do BNG como veciños, son testemuñas da situación repetida noutras zonas do concello.  

 “O Alcalde da Guarda ten a obriga de velar polos intereses do pobo. Así que se poña a traballar, que vexa de quen é a responsabilidade dos cortes de luz e tome as medidas para que isto se solucione dunha vez”, relembra Ángel Baz.  

 Dende o BNG deixan claro que un só electricista para máis de 10.000 habitantes é insuficiente e se as empresas eléctricas teñen responsabilidade, é o Alcalde da Guarda e o goberno do PSOE quen teñen que buscar unha solución obrigándoas a que tomen as medidas de mantemento necesarias para ter unha rede de luz apropiada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario