6 de xul. de 2015

CULTURA

RECANTO DA ARTE

CAÍNO, O PINTOR DE BAIONA, EXPÓN SÚA OBRA MÁIS RECENTE

A mostra permanecerá aberta na Galería Sargadelos, de Baiona, ata finais de xullo

O pintor Caíno na Galería Sargadelos, de Baiona

Ricardo Rodríguez Vicente / Baiona

 Se hai múltiples razóns para achegarse ata á Vila de Baiona, hai unha certamente moi poderosa: a exposición que presenta o pintor baionés, Caíno Vasconcellos Cabral, na Galería Sargadelos (Rúa Carabela La Pinta, 5 Baixo)

 Fiel o seu compromiso artístico, o pintor amosa súa producción máis recente, froito de un ano de traballo no seu estudo do Laureiral. Alí onde o artista pinta porque lle prace, sen ataduras a horarios nin encomendas. Sen concesións. E faino aportando súa creatividade, seu cromatismo, seu mundo interior,..., combinado todo elo, coa emoción de facer cada día o que lle gusta: Pintar. Unha verba que rima con Amar. 

 Caíno ama á Arte. Por iso é un verdadeiro pracer visitar súa exposición e ollar os persoaxes que o pintor creou, con esas olladas tan características. Con esas facianas que expresan quietude, serenidade, bonhomía, ...


 As veces, o pintor explora novos espazos temáticos, novas propostas, que semellan unha transición da abstracción o expresionismo. Iso proba que Caíno, mesmo tendo un definido estilo pictórico, non se acomoda no que - para él -, pode resultar máis doado. Hai notables evidencias das súas exploracions antropomórficas, onde ás figuras espidas están prácticamente como xurdiron na noite dos tempos.


 Na exposición que presenta Caíno Vasconcellos, o longo de todo este mes de xullo na Galería Sargadelos, hai tamén obras que reflicten á paisaxe inigualable do seu entorno baionés, permanente inspiración deste artista, sensible á transformación exprementada na fisonomía da súa matria baionesa. 

 A baía, o peirao, as embarcacions fondeadas fronte ás praias de Ribeira e Barbeira, e a fortaleza pétrea de Monte Boi; as romarías de San Cosme e San Damián,..., son, entre outras, ás referencias que Caíno traslada os seus lenzos.

 O artista baionés ten unha técnica pictórica moi persoal, onde á materia e abondosa, máis sen excesos. Elabourada a traverso de sucesivas veladuras, ata que Caíno logra o efecto que desde un primeiro intre tiña no seu maxín. O resultado, como non pode ser doutro xeito, é unha exposición moi súa. Isto é, moi característica de Caíno. Ou o que é o mesmo, moi coherente co seu xeito de entender á Arte. 

 Máis info sobre Caíno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario