5 de xul. de 2015

A GUARDA

O PP da Guarda propón a colocación de servizos públicos en varios puntos do concello e de duchas nas praias do Carreiro e Cangrexal   

Conchi Ortega - no centro da imaxe - e demáis concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda - Foto: Grupo: G. M. P.P.

Infogauda / A Guarda

 A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega Martínez, presenta unha moción para o seu debate na próxima sesión plenaria, na que propón ao Goberno local da Guarda a colocación de uns servizos públicos autolimpables en lugares accesibles da Alameda, o Porto e no cumio do Monte de Santa Trega.

 Conchi Ortega considera que o concello guardés ten certas carencias dotacionais en lugares públicos de gran afluencia, especialmente nesta temporada estival, e considera que o Goberno local debería ter en conta as peticións dos populares. 

 “Son moitas as queixas dos veciños e turistas pola falta destes servizos públicos, necesarias de forma especial polas persoas maiores e nenos”, afirma Conchi Ortega.  

 DUCHAS NAS PRAIAS  
 Nesta mesma moción, os populares solicitan ademais a colocación de duchas nas praias urbanas do Carreiro e O Cangrexal. 

           Praia do Carreiro - Foto: Infogauda

 “Entendemos - afirma Conchi Ortega - que unha vila como A Guarda, que foi nomeada Destino de Excelencia Europea Eden, ten que ter necesariamente unhas comodidades e unhas dotacións mínimas acordes a esa distinción turística”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario