CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA UN PRESUNTO TRATO DE "AMIGUISMO"
Celso Rodríguez Fariñas: "(...) Dende Converxencia Galega, denunciamos públicamente como o PSOE, antepón os intereses dunha empresa privada, que ten unha concesión municipal, que cobra polo servicio, se aproveita persoal e maquinaria, ca complacencia de “quen manda” (...)".
Fotografías: Grupo Municipal Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
O Grupo Municipal Converxencia Galega, representado no Concello de A Guarda polo concelleiro Celso Rodríguez Fariñas ven de facer público o contido do escrito presentado no rexistro municipal de entradas, aportando varias fotografías, dúas das cales reproducimos neste xornal dixital.
Na devandita comunicación, dirixida o alcalde de A Guarda, así como os concelleiros de Servizos e de Emerxencias, respectivamente, o edil de Converxencia Galega, dí o seguinte:
¿SERÁ LEGAL O
USO/ABUSO DOS MEDIOS PÚBLICOS?
Acaba de iniciarse a lexislatura, e xa escomenzamos
a “tropezarnos” con “regalos” que reciben as empresas “amigas” en forma de poñerlle
persoal e medios municipais para que desa maneira, o “resultado de contas”
mellore, pero non para o Concello.
Estas imáxenes obtidas o día 1º de xullo,
-seguramente- se seguiran repetindo cada pouco tempo, si non se fai unha
denuncia diante doutros estamentos para que tomen as medidas necesarias, xa que
este feito non se tomou de xeito libre polos traballadores do G.E.S., senón que
foron “ordenados” polos Concelleiros de Servicios e polo de Vías e Obras.
Dende Converxencia Galega, denunciamos públicamente
como o PSOE, antepón os intereses dunha empresa privada, que ten unha concesión
municipal, que cobra polo servicio, se aproveita persoal e maquinaria, ca
complacencia de “quen manda” esquecendo, que está poñendo en risco o sistema de
seguridade local, se nese momento se declarara un incendio, e “regalando”
diñeiro público que sae do peto de tódolos/as veciños/as. ¿Se lles vai cobrar
este servicio?¿Si un particular ou outra empresa ten un problema
similar, tamén será “asistido” con maquinaria e persoal do Concello de xeito
“gratiñan?
Di o refraneiro popular, que unha imaxe vale máis
que mil palabras, ou o que está a vista non precisa de moitas explicacións,
pero iso ocurriu fai poucas horas, donde se pode contemplar como “interveñen”
os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (G.E.S.) nún dos puntos do
sistema de bombeo de augas fecais que se remiten a Depuradora e que ten unha
concesión de mantenemento suscrita entre o Concello e a empresa DEMAIN. –por
certo, si non temos mal a información, somentes ten contrato de mantenemento de
Depuradoras en A Guarda, de toda provincia de Pontevedra
Supoñemos, si ainda non o fixeron, próximamente, os
G.E.S. terán máis traballo, xa que van ter que usar o Camión de Bombeo, -que
debe estar a punto as 24 horas do día por si se declara unha emergencia- para
realizan labores de mantenemento e limpeza de do sistema de bombeo de augas
fecais distribuídos por varios lugares do pobo, como son Fedorento, rotonda e
paseo marítimo do porto e os ubicados na
Pasaxe ou na Praia da Armona.
Tras facer varias
chamadas telefónicas e acercarnos a preguntarlle ao persoal que estaba
desenrrolado o “servicio”, chegamos a conclusión, que non é a primeira vez que
levan a cabo “un operativo” destas características, e que a orden a reciben do
Delegado de Emerxencias.
¿Como
unha empresa privada pode facer uso de persoal e medios públicos?
Isto nos leva a que os guadeses/as teñamos que facer doble pago, por unha banda
o contrato de mantenemento, senón que despois tamén “contribuimos” para pagar
os gastos de combustible, man de obra e materiais empregados.
Por todo iso que, vimos
a preguntar, as seguintes cuestións:
Por qué se emprega medios públicos para
labores dunha empresa privada?
Ese trato de “amiguismo” é práctica
habitual?
·
Nas imaxes se pode observar como mentras
os empregados do concello traballan, o “representante da empresa, está de
miranda.
Que pasaría, si se declarara un incendio
nunha vivenda, con persoas en situación de risco grave e a cisterna vacía por
“adicarse” a estes servicios especiales?
Cales é a función que desenrrola de verdade a empresa privada?
Existe
algún documento que diga que o grupo de EMERXENCIAS G.E.S ten a obriga de facer
labores de limpeza e mantenemento de do sistema de alcantarillado?
En A Guarda, a
02 de xullo de 2015.
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
do Concello
Sr. Concelleiro de Servizos
Sr. Concelleiro de Emerxencias
Ningún comentario:
Publicar un comentario