A DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA FINANCIA CON 100.600€ DO PPOS 2015 A MELLORA DO SANEAMENTO NA ZONA
DE A ROCHA NO CONCELLO DE TOMIÑO
·
Construirase
un sistema de saneamento que se conectará co colector xeral de O Souto, en
Gabín e a rede municipal
Infogauda / Tomiño
I A xunta
de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou onte venres día 5 de xuño, incluir nas partidas do Plan Provincial de Obras
e Servizos 2015 a construcción dun sistema de saneamento de augas
residuais na zona de A Rocha no concello
de Tomiño.
A actuación esténderase ao longo da estrada
municipal que une esta zona co núcleo de O Souto, en Gabín. Lugar onde se
conectarará o colector coa rede de saneamento
municipal.
Con esta actuación quérese dar servizo aos veciños
desta parte de A Rocha á vez que a nova bacia servirá para derivar parte do
saneamento da rúa República Arxentina, tamén nesta zona de A Rocha.
O
orzamento final da obra ascende a 100.624 euros que se incluirán nas partidas
do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015. Os traballos executaranse tendo en
conta as previsións establecidas no PXOM.

Ningún comentario:
Publicar un comentario