A DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA FINANCIARÁ A CONSTRUCCIÓN DUN DEPÓSITO MUNICIPAL DE AUGA
EN CHAVELLA NO CONCELLO DE OIA
Vista parcial do Mosteiro de Santa María de Oia
Foto: Infogauda
Infogauda / Oia
A xunta
de goberno acordou onte venres destinar
115.000€ do Plan Provincial de Obras e Servizos ás obras de mellora do saneamento
da localidade. Segundo o proxecto aprobado polo organismo provincial,
construirase un depósito regulador de auga potable na zona do campo de
Chavella. Este tanque, terá capacidade para 450m³ de augae dará servizo tanto
aos veciños deste lugar como aos de A Riña.
O novo
depósito permitirá almacenar a auga potable e dos manantiais que na actualidade
se recolle nunha pequena arqueta, polo que ademais dunha mellor regulación da
auga se garante un mellor aproveitamento deste recurso natural.
A xunta
de goberno da Deputación considera que se trata dunha obra necesaria para
conseguir un mellor servizo de saneamento, tendo en conta a gran cantidade de
cursos de auga e captacións subterráneas que hai no concello de Oia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario