A
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN EOI ORGANIZAN XORNADAS DE INNOVACIÓN EMPRESARIAL EN CAMBADOS, VIGO, PONTEAREAS, PORRIÑO, LALÍN E
PONTEVEDRA
· Durante o mes de xuño
celebraranse 6 xornadas formativas nos centros Provinciais de Asesoramento
Empresarial (CPAE 2.0).
· Josej Ajram, prestixioso bróker
internacional, desgranará os segredos de
todo bo inversor nunha ponencia que pechará o programa o 24 de xuño na
Deputación de Pontevedra (sede Turismo Rías Baixas).
· 86 empresas da provincia
sumáronse ao programa PROPONTE, acelerador da innovación empresarial como chave
para mellorar a competitividade das pemes (36 empresas de Vigo, 15 do Salnés,
13 de Pontevedra, 12 de O Morrazo, 4 de Condado-Paradanta, 3 de Deza-Tabeirós,
2 de Caldas e 1 de Baixo Miño).
Infogauda / Pontevedra
Difundir
entre o tecido empresarial da provincia os beneficios da innovación na xestión
empresarial, financieira e asociativa para mellorar a competitividade das
pemes. Ese é o obxectivo do programa de
actividades que ao abeiro do proxecto PROPONTE se van desenvolver ao longo
deste mes de xuño nos centros CPAE 2.0 da provincia.
Sesións en Aberto
Seis
sesión formativas nas que expertos asesores de INDRA e a Fundación Escola de
Organización Industrial (EOI) darán contas da importancia da creatividade e a
innovación para mellorar a competitividade dentro do tecido empresarial. Así
como da necesidade de implementar plans estratéxicos para mellorar as vendas.
Estas xornadas desenvolveranse nos Centros Provinciais de Asesoramento Empresarial, CPAE 2.0 da
provincia co fin de permitirlle unha maior dipoñibilidade ás empresas
participantes.
|
DÍA
|
CPAE2.0
|
|
HORARIO
|
|
9
de xuño
|
Cambados
|
“Creativididade e Innovación”
|
17.30-20.00
|
|
10
de xuño
|
Vigo
|
“Implantación dunha técnica de
venda”
|
17.30-20.00
|
|
11
de xuño
|
Ponteareas
|
“Creativididade e Innovación”
|
17.30-20.00
|
|
15
de xuño
|
Porriño
|
Creativididade
e Innovación”
|
17.30-20.00
|
|
16
de xuño
|
Lalín
|
Creativididade
e Innovación”
|
17.30-20.00
|
|
17
de xuño
|
Vigo
|
Creativididade
e Innovación”
|
17.30-20.00
|
Josef Ajram na sesión de peche do
proxecto
O 24 de
xuño, a Deputación de Pontevedra, na súa sede de Rías Baixas acollerá a xornada
que porá fin ao proxecto. Unha sesión na que se dará conta dos resultados do
proxecto PROPONTE e dos beneficios que da innovación empresarial tamén se
desprenden no conxunto da sociedade.
A
xornada contará ademais coa participación dun prestixioso bróker internacional,
Josef Ajram. Coach e triatleta barcelonés que vai desgranar os segredos de todo
bo inversor tendo en conta a súa propia experiencia en dous mundos que nada
teñen que ver o deporte e a economía pero que se renden a unha fórmula
maxistral baseada na constancia, a disciplina, o cálculo de posibilidades e
capacidades e unha gran dose de sentido común.
Josef Ajram repasará temas como a loita polos
obxectivos, afrontar as dificultades que imposibilitan chegar á meta perseguida,
o esforzo, a vontade e a constancia como chaves do éxito.
Programa PROPONTE
Dar un
pulo innovador ás pemes da provincia e mellorar a súa competitividade dentro do tecido empresarial. Ese foi o motor
da posta en marcha do programa PROPONTE por parte da Deputación de Pontevedra e
a Fundación Escola de Organización industrial (EOI) e ao que sumaron 86 empresas da provincia. O
asesoramento profesional e gratuito proporcionado permitiu que estas pemes se
consolidasen como empresas innovadoras evitanto o risco de fracasar no seu
primeiro ano de vida.
|
Comarca
|
Nº
de empresas
|
Concellos
|
|
Deza-Tabeirós
|
3
|
Lalín, Rodeiro e Forcarei
|
|
Caldas
|
2
|
Caldas de Reis e
Moraña
|
|
Salnés
|
15
|
Cambados,
Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa
|
|
Pontevedra
|
13
|
Barro, Pontevedra
|
|
O
Morrazo
|
12
|
Bueu
e Marín
|
|
Vigo
|
36
|
Soutomaior, Baiona,
Redondela, Gondomar, Mos, Nigrán e Vigo
|
|
Condado-
Paradanta
|
4
|
Mondariz,
Ponteareas e Salvaterra de Miño
|
|
Baixo Miño
|
1
|
Tui
|
|
TOTAL
|
86
|
|
Un 52,2%
destas empresas teñen menos de 2 anos de creación, o 18,8% teñen entre 2 e 5 anos
de vida, e o 29% restante levan máis de 5 anos funcionando.
A
adhesión a este programa permitiulle ás empresa adheridas dispoñer dun
diagnóstico individual previo co que detectar as capacidades da compañía para
deseñar e implantar os programas de innovación axeitados á súa actividade. Así
como identificar as oportunidades de negocio para mellorar a súa xestión e
desenvolver productos de maior viabilidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario