7 de xuño de 2015

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CULTURA MARÍTIMA

"A RONCADEIRA": UNHA GAMELA PARA NAVEGAR SEN BARREIRAS

Fermosa estampa que ofreceía o pasado sábado, a gamela "A Rocadeira", en plena singladura polo Esteiro do río Miño - Fotografías: Club Alagua

Club Deportivo Alagua / Camposancos

 O pasado sábado as augas do río Miño reflexaban con singularidade a silueta dunha embarcación única na súa clase. Tratábase da Roncadeira, unha embarcación destinada a acercar a navegación ás persoas discapacitadas ou con mobilidade reducida. 

 Partindo da lonxeva embarcación tradicional de A Guarda -a gamela- ésta modificouse para que puidese aloxar unha cadeira de rodas e se puidese embarcar con facilidade. Tamén se modernizou tanto o velame coma outros elementos de navegación. 

Pablo Pena, manexando a cana do timón da gamela "A Rocadeira", na compaña de dous membros do Club Deportivo Alagua

 A gamela A Roncadeira, propiedade do Concello de A Guarda, está cedida para o seu uso ao Club Deportivo Alagua, quen se encargou da planificación do evento de presentación na pasada fin de semana. 

Pablo Pena, accedendo coa súa cadeira de rodas á gamela "A Roncadeira"

 As condicións climatolóxicas resultaron perfectas para a navegación nesta embarcación no pasado sábado, cun vento moderado e coa marea na fase idónea. Os tripulantes nese día foron dous membros do Club Alagua, e un veciño de A Guarda, Pablo Pena. Ao rematar a travesía os navegantes indicaron que a embarcación fora moi doada de manexar. 

Pablo Pena e dous membros do club Alagua, preparándose para sair a navegar desde as docas da Pasaxe (Camposancos)

 Entre as autoridades presentes no evento de presentación da gamela estaba o Alcalde de A Guarda, en funcions, José Manuel Domínguez Freitas, quen agradeceu a presenza das demáis autoridades presentes, así como a participación de Pablo no evento. Ademáis lle propuso ao antigo propietario da gamela ir a navegar nela noutra xornada. O alcalde tamén recordou ao recentemente falecido, D. José Miguel Abellán Ruiz, antigo Capitán Marítimo do distrito de A Guarda, quen se implicou directamente no proxecto de construcción da gamela A Roncadeira

 O presidente do Club Alagua, Héctor Carrero, resaltou que o Club Alagua quería agradecer ao Concello de A Guarda a confianza que depositou no Club para a utilización de esta embarcación e que se lle dará o mellor uso posible. 

"A Roncadeira" navegando no río Miño

 O público que presenciou a navegación dende terra comentaba que a estampa que proporcionaba era inédita e alabou a valentía que demostrou Pablo. Nun futuro se prevé realizar xornadas de navegación con persoas discapacitadas tendo sempre presente que esta gamela precisa dunha atención especial pola súa natureza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario