OS POPULARES CONMEMORAN O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE COA LIMPEZA DA PRAIA DO CARREIRO
"(...) durante a campaña electoral, Conchi Ortega recibira queixas de varios veciños e usuarios desa praia, nas que lle transmitiron o pésimo estado da mesma".
"(...) durante a campaña electoral, Conchi Ortega recibira queixas de varios veciños e usuarios desa praia, nas que lle transmitiron o pésimo estado da mesma".
Na imaxe, vista parcial da praia do Carreiro, onde os Populares desenvolveron á limpeza manual dese concorrido areal
Infogauda / A Guarda
O pasado martes, un grupo de voluntarios dos Populares de A Guarda realizaron unha actividade ecolóxica: a limpeza da praia do Carreiro.
O pasado martes, un grupo de voluntarios dos Populares de A Guarda realizaron unha actividade ecolóxica: a limpeza da praia do Carreiro.
Segunndo pudo saber Infogauda, "durante a campaña electoral, Conchi Ortega recibira queixas de varios veciños e usuarios desa praia, nas que lle transmitiron o pésimo estado da mesma.
Entonces, e aproveitando que este venres 5 de xuño e o Día Mundial do Medio Ambiente, os Populares quixeron aportar o seu gran de area.
Na actividade da limpeza manual da praia do Carreiro participaron voluntarios dos Populares de A Guarda
Ao día seguinte, os membros do grupo Popular recibiron numerosas mostras de agradecimento por esta iniciativa".
Segundo manifestou Conchi Ortega Martínez: "Isto é só un pequeno xesto, coidar o Medio Ambiente é unha tarefa de todos, e nós, coma futuros integrantes do Pleno Consistorial, debemos dar exemplo. Este é o primeiro acto onde de algún xeito queremos interactuar cos veciños, xa que entendemos que acercarse aos veciños é a única forma de comprender e solucionar os seus problemas".
Afirmou Ortega que os Populares van a facer "(...) unha oposición enérxica cando faia falla, e constructiva, sempre priorizando as demandas dos veciños". Dí tamén que están "(...) traballando na elaboración dunha páxina web onde todo o mundo poida publicar aquelas queixas respecto ao estado da nosa vila, co único obxecto de colaborar na medida do posible en melloralo".
Espera que "esta fin de semana, festividade do Santísimo, os que se acheguen a admirar as espectaculares alfombras florais das rúas de A Guarda, teñan un oco para disfrutar dunha praia un pouquiño máis limpa".
Conchi Ortega agradece ao seu equipo "a boa disponibilidade amosada neste tipo de eventos, como foi o da limpeza da praia do Carreiro".


Ningún comentario:
Publicar un comentario