A GUARDA CELEBROU A FESTIVIDADE DO SANTÍSIMO SACRAMENTO COAS TRADICIONAIS ALFOMBRAS DE FRORES E DE SAL
Na madrugada do domingo o vento fixo das súas, dificultando á labor dos alfombristas
Tapiz floral xunto á igrexa de San Bieito
Fotos: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Logo de un mes de traballo de
recolección e debullado dos materiais vexetais necesarios, A Guarda voltou a
honrar o Santísimo coa confección de tapices de frores e de sal, tarefa na que
as mulleres foron maioritariamente as que levaron a maior carga de traballo,
ainda que en honor a verdade, tamén colabouraron algúns homes e nenos/as. Dese
xeito, chegada a tardiña do sábado día 6 de xuño deron comezo os traballos de marcado
no chán, dos deseños elexidos, que como vén sendo costume foron todos eles
diferentes nos correspondentes tramos de rúas. Comezando pola Praza do Reló,
e continuando pola Praza de Ignacio Sobrino, Rúa Oliva, Rúa Hernán Cortés,
Praza de José María Lomba, Rúa Malteses, A Ribeira e Rúa Concepción Arenal.
Alfombra de sal na Praza de José María Lomba
A pesares de que na madrugada do domingo o vento fixo das súas, e mesmo impediu que algúns alfombristas pudesen rematar á totalidade de alguns tramos, á labor desenvolvida foi seguida de preto por milleiros de persoas chegadas de diferentes pobos
da contorna e mesmo doutros lugares do país. Feito que acredita a merecida fama
dos tapices frorais de A Guarda, que certamente teñen moito mérito, máxime
cando un ano máis, desde á institución non se lle deu a difusión que merecen as alfombras do Santísimo. E ainda así a afruencia de
público foi a máis, ó longo de toda a mañá do domingo, e nas horas e intres
previos a solemne procesión.
Pormenor da procesión do Santísimo Sacramento
Rematada a misa solemne, deu comezo a
procesión que contou coa participación de numerosas persoas, así como de
diversas confrarías piadosas representadas polos correspondentes estandartes
portados por membros das mesmas, que ían franqueados por nenos/as que fixeron
súa Primeira Comuñón. Asemade, tamén ía o estandarte da Sección da Adoración
Nocturna e o tra-lo palio portado por membros desa sección, ía a custodia co
Santísimo Sacramento, portada polo P. Angel Luís Airas, director do Colexio PP.
Somascos, de A Guarda. O seu carón, o párroco de Santa María de A Guarda, Jesús
García Villadóniga
O Santísimo Sacramento baixo palio, autoridades e representacións cívicas
Tamén ía unha representación da Policía
Local de A Guarda, portando o pendón municipal, e inmediatamente despois varias
autoridades civís e militares, e outras representacións cívicas. E pechando a
procesión a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por
Víctor Luis Alonso Treinta.
Desde Infogauda felicitamos a tódolas/os
veciñas/os que fixeron posibles os fermosos tapices frorais na honra do
Santísimo Sacramento, pois constitúen toda unha expresión do fervor popular é o
mesmo tempo, unha magnífica mostra da creatividade e do traballo en equipo, da
nosa xente.




Ningún comentario:
Publicar un comentario