CULTURA
FRANCISCO ÁLVAREZ ÁLVAREZ (KOKI): MERECIDA HOMENAXE A UN POETA COMPROMETIDO CON GALICIA
A catedrática María do Camiño Noia Campos pronunciou unha loa na que sintetizou á andaina literaria de Koki
Francisco Álvarez Álvarez (Koki), amosándolle o rspectable público, o agasallo da Agrupación Cultural Guardesa - Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Sin tempo non era! Por fin, serodiamente, todo hai que deci-lo, ainda que a tempo, chegou o intre de corresponder, como ben se merece, coa labor cultural que ven desenvolvendo Francisco Álvarez Álvarez (Koki), o longo de máis de trinta e cinco anos. Abondosa achega que algúns, na súa demostrada insensibilidade - alomenos no referente a este compañeiro de inquedanzas -, non quixeron apreciar ao longo de moitos anos. Tantos que por iso debe servirlles agora de remorso pola súa pacata visión do que é a Cultura, con maiúsculas. Do que é ser poeta proletario, activista e embaixador cultural de Galicia e de A Guarda, alén do Atlántico, sempre en traxectoria ascendente. E o mesmo tempo atender a cotío súas tarefas persoais como calquer cidadán que vive do seu traballo. Por iso, coidamos que a algúns, "No pecado vailles á penitencia", como se acostuma a decir.
Desde Infogauda valoramos moi positivamente que a pesares dos persistentes atrancos de algúns resentidos, o longo de varios anos, finalmente se adoitase no seo da Agrupación Cultural Guardesa, o acordo de adicarlle o poeta, escritor e xornalista, Francisco Álvarez Álvarez (Koki), o Día das Letras Galegas, de 2015.
Loubadas sexan ás persoas que ano tras ano pensaron e actuaron valentemente - contra vento e maré - a prol de Álvarez - Koki, un dos nosos.
E ainda que o recoñecemento a Koki, xa comezou o pasado día 16 de maio, cos actos que tiveron lugar no Auditorio de San Bieito, o día grande da homenaxe a Francisco Álvarez - Koki foi o venres día 5 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Cultural e Social de A Guarda. Alí, nada máis entrar, pudemos ademirar unha vitrina na que se expuñan os libros da autoría de Álvarez - Koki, así como un exemplar de A Peneira, periódico no cal ten colabourado, desde súa fundación, como correspondente en New York, o escritor guardés; unha reportaxe publicada en FARO DE VIGO, e tamén outros libros de varios autores - entre eles Francisco Álvarez - Koki - e tamén antoloxías, nas que o noso poeta figura. Todo elo e moito máis, que por razóns de espazo, non se recolleu nesa vitrina, constitúen á ampla e poliédrica bagaxe literaria de Francisco Álvarez Álvarez - Koki.
A medida que se achegaba á hora do comezo da homenaxe, veciños, familiares - entre eles súa esposa Lola, seu fillo Breogán e súa dona, e Lorenzo, neto de Lola e Koki - e amigos do poeta, íanse xuntando para asistir a ese evento tanto tempo agardado. Entre os asistentes, pudemos ollar, a Alicia María Alonso Rivas (filla do relembrado escritor, etnógrafo, poeta e xornalista, Eliseo Alonso Rodríguez), José Manuel Troncoso Villa "Mané", activista cultural de Goián; José Luis Lorenzo Rodríguez, compositor, emprendedor cultural e músico, afincado en A Guarda; Cuqui Piñeiro (filla do inesquencible escultor Xoán Piñeiro Nogueira, galerista - Artebronce - e emprendedora cultural), Magín Xulio Picallo Durán, destacado escultor afincado en Goián, Guillermo Rodríguez Fernández, xornalista e director de A Peneira e Eixo Atlántico; Caino Vasconcellos Cabral, pintor e poeta de Baiona; Tino Baz, cantautor e gaiteiro guardés; Chuny Vázquez Vicente, pintora e poeta guardesa; Xosé Antúnez Pousa, recoñecido escultor de Tomiño; Xulián Maure Rivas, editor, ensaísta, profesor da Universidade de Vigo e traductor; Aida Lomba Márquez e Oliva María Pereira, poetas guardesas,..., autoridades municipais en funcions, entre outras persoas, que desde diversos lugares de Galicia viñeron ata A Guarda para asistiren á homenaxe a Francisco Álvarez - Koki.
Arredor das 21:15 h., comezaría o acto, con unha salutación do presentador Manuel Santos, para de seguido dar paso as compoñentes do Grupo de Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa, dirixido pola profesora Berta Castro González, que interpretaron: "Maneo de Erbiñou" e "Pasodobre de Laxoso".
A seguinte actuación sería a do Grupo Antorcha, de A Guarda, dirixido por María José Baz Martínez, que interpretou "A Festa", de José Luis Lorenzo Rodríguez e "Al compás de una muiñeira", do Dúo Pimpinela.
A continuación interviu María Soledad Diz Amil, secretaria da Agrupación Cultural Guardesa, para falar de Xosé Filgueira Valverde - figura central do Día das Letras Galegas, 2015 - e presentar á María do Camiño Noia Campos (Santiago de Compostela, 1945), catedrática do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, e especialista en literatura galega e da escrita de mulleres.
Mª do Camiño Noia Campos - no centro da imaxe - flanqueada por Julia Sobrino González e María Soledad Diz Amil, presidenta e secretaria, respectivamente, da Agrupación Cultural Guardesa
De seguido fixo uso da palabra Mª do Camiño Noia Campos, que falou do amigo Francisco Álvarez Álvarez (Koki), nos seguintes termos:
FRANCISCO ÁLVAREZ ÁLVAREZ (KOKI): MERECIDA HOMENAXE A UN POETA COMPROMETIDO CON GALICIA
A catedrática María do Camiño Noia Campos pronunciou unha loa na que sintetizou á andaina literaria de Koki
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Sin tempo non era! Por fin, serodiamente, todo hai que deci-lo, ainda que a tempo, chegou o intre de corresponder, como ben se merece, coa labor cultural que ven desenvolvendo Francisco Álvarez Álvarez (Koki), o longo de máis de trinta e cinco anos. Abondosa achega que algúns, na súa demostrada insensibilidade - alomenos no referente a este compañeiro de inquedanzas -, non quixeron apreciar ao longo de moitos anos. Tantos que por iso debe servirlles agora de remorso pola súa pacata visión do que é a Cultura, con maiúsculas. Do que é ser poeta proletario, activista e embaixador cultural de Galicia e de A Guarda, alén do Atlántico, sempre en traxectoria ascendente. E o mesmo tempo atender a cotío súas tarefas persoais como calquer cidadán que vive do seu traballo. Por iso, coidamos que a algúns, "No pecado vailles á penitencia", como se acostuma a decir.
Desde Infogauda valoramos moi positivamente que a pesares dos persistentes atrancos de algúns resentidos, o longo de varios anos, finalmente se adoitase no seo da Agrupación Cultural Guardesa, o acordo de adicarlle o poeta, escritor e xornalista, Francisco Álvarez Álvarez (Koki), o Día das Letras Galegas, de 2015.
Loubadas sexan ás persoas que ano tras ano pensaron e actuaron valentemente - contra vento e maré - a prol de Álvarez - Koki, un dos nosos.
Vitrina coas publicacions que recollen á obra poética, narrativa e xornalística de Francisco Álvarez - Koki
A medida que se achegaba á hora do comezo da homenaxe, veciños, familiares - entre eles súa esposa Lola, seu fillo Breogán e súa dona, e Lorenzo, neto de Lola e Koki - e amigos do poeta, íanse xuntando para asistir a ese evento tanto tempo agardado. Entre os asistentes, pudemos ollar, a Alicia María Alonso Rivas (filla do relembrado escritor, etnógrafo, poeta e xornalista, Eliseo Alonso Rodríguez), José Manuel Troncoso Villa "Mané", activista cultural de Goián; José Luis Lorenzo Rodríguez, compositor, emprendedor cultural e músico, afincado en A Guarda; Cuqui Piñeiro (filla do inesquencible escultor Xoán Piñeiro Nogueira, galerista - Artebronce - e emprendedora cultural), Magín Xulio Picallo Durán, destacado escultor afincado en Goián, Guillermo Rodríguez Fernández, xornalista e director de A Peneira e Eixo Atlántico; Caino Vasconcellos Cabral, pintor e poeta de Baiona; Tino Baz, cantautor e gaiteiro guardés; Chuny Vázquez Vicente, pintora e poeta guardesa; Xosé Antúnez Pousa, recoñecido escultor de Tomiño; Xulián Maure Rivas, editor, ensaísta, profesor da Universidade de Vigo e traductor; Aida Lomba Márquez e Oliva María Pereira, poetas guardesas,..., autoridades municipais en funcions, entre outras persoas, que desde diversos lugares de Galicia viñeron ata A Guarda para asistiren á homenaxe a Francisco Álvarez - Koki.
Magín Xulio Picallo Durán e Francisco Álvarez Álvarez (Koki)
Grupo de Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa
Arredor das 21:15 h., comezaría o acto, con unha salutación do presentador Manuel Santos, para de seguido dar paso as compoñentes do Grupo de Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa, dirixido pola profesora Berta Castro González, que interpretaron: "Maneo de Erbiñou" e "Pasodobre de Laxoso".
Grupo Antorcha
A continuación interviu María Soledad Diz Amil, secretaria da Agrupación Cultural Guardesa, para falar de Xosé Filgueira Valverde - figura central do Día das Letras Galegas, 2015 - e presentar á María do Camiño Noia Campos (Santiago de Compostela, 1945), catedrática do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, e especialista en literatura galega e da escrita de mulleres.
Mª do Camiño Noia Campos - no centro da imaxe - flanqueada por Julia Sobrino González e María Soledad Diz Amil, presidenta e secretaria, respectivamente, da Agrupación Cultural Guardesa
De seguido fixo uso da palabra Mª do Camiño Noia Campos, que falou do amigo Francisco Álvarez Álvarez (Koki), nos seguintes termos:
A Koki nas Letras Galegas da súa Guarda natal
"Pedíronme que neste acto de homenaxe que con motivo das Letras Galegas, a Agrupación Cultural Guardesa lle dedica a Francisco Álvarez (Koki) diga unhas palabras sobre el, a quen coñecín en Nova York hai vinte e seis anos. E cumpro con gusto o compromiso, aínda que non deixa de ser un atrevemento falar eu deste guardés tan preto do seu lugar de orixe.
Farei un percorrido en longas pancadas pola biobibliografía dun autor que ten case publicado dúas ducias de libros.
Disque Paco non foi un alumno aplicado en matemáticas nin en ciencias. Prefería escribir as ideas que se lle ocorrían sobre a paisaxe que tanto lle gustaba contemplar co Océano de fondo, sobre o amor e sobre a vida, en xeral. Escribir bonito era para o escolar guardés parte do seu xeito de entender a vida e de se comunicar con ela. De maneira que, con moi escasa formación lectora e sen pretendelo, a forza de resumir as súas ideas en textos breves, converteuse nun poeta autodidacta. As frases rimadas fluíanlle da alma.
Deixa a escola co Certificado de Estudos Primarios para ir traballar a pedra marmórea. Un oficio que o leva ós cemiterios de Salcidos, Camposancos, e da Sangriña, onde repousan os mortos desta vila labrega e mariñeira. E o poeta cantou:
Cementerio de Salcidos, tamén a vós vexo, /aí están amigos, parentes e veciños,/ aí deixarei o meu pelexo, /cuando me canse destes camiños.
Un cemiterio mariño como o de Sète, desde onde Paul Valery ollando o tranquilo mar Mediterráneo reflexionaba sobre a morte e o paso do tempo en versos de escuras metáforas, nas que o mar é o teito que cobre as tumbas dos mortos: “Ce toit tranquille, où marchent des colombes“. “Un mar tranquilo sobre o que voan as pombas”, que traduciron poetas galegos.
Máis bravo é o mar da Guarda que Koki contempla e ó que lle di:
Hoxe veño mar / a fundirme no teu encontro / as túas lenas ondas van entrando na miña alma / alocada e doce / das túas sensacións lonxanas. Que calado estás hoxe.
Faise ciclista profesional, mais ó non acadar a meta proposta, abandona esa actividade e o ano 1977 marcha a Francia cuns compañeiros para traballar na fábrica de legumes Bonduelle. De onde ten que retornar ós cinco meses para facer o Servizo Militar en Madrid. Unha dura experiencia que lle mingua a autoestima antes as humillacións sufridas polos militares. Séntese perseguido pola súa condición de galego e a Patria prodúcelle noxo.
Licenciado da mili, traballa vendendo libros e na área cultural de CC.OO. É alí onde atopa a Lola, a muller intelixente, habelenciosa e disposta a todo, que será a musa, a compañeira e a amante do poeta, ademais do esteo firme no que se sente seguro. Hoxe é imposible entender nin a persoa humana de Koki nin a figura do poeta sen a de Lola.
As primeiras poesías feitas ó longo de anos sobre a paisaxe guardesa, os sentimentos de amor e as soidades da Terra aparecen recollidas no libro Lexanías, en 1980, que leva un prólogo de Eliseo Alonso, a quen o poeta considera o seu padriño literario e que volverá a prologarlle Maruxía nove anos despois. Dous novos libros en castelán, Poemas del verbo amar e Soliloquios del silencio (que descoñezo), saen en 1981 e 1982.
En 1984, Koki e a súa compañeira Lola deciden marchar a Nova York con Breogan de tres anos na busca dun traballo digno.
Esa década dos anos oitenta será esencial na actividade poética e cultural de Koki; nos primeiros catro anos na Guarda e logo na cidade de Nova York. Por mediación de Eliseo Alonso coñece moita xente da cultura galega (artistas plásticos, escritores, editores…), importantes na súa formación. O que non atopamos entre as amizades desta época son poetas da súa xeración. Ningún home nin ningunha muller da chamada Xeración dos 80, considerados os renovadores da poesía galega moderna, estivo relacionado con Koki naqueles anos.
O poeta guardés tivo unha formación diferente á deste grupo, tanto nos contidos coma nas características da súa obra. Mentres a poesía dos 80 seguía modelos dunha poética innovadora, que quería romper coa anterior, na que o culturalismo e a ficcionalidade son marcas esenciais, a poética de Koki móvese por outras forzas, dándolle todo o valor á palabra para expresar con claridade a sentimentalidade e a confesionalidade desde a que escribe.
En Nova York entra en contacto con poetas latinoamericanos, cos que colaborará durante anos e coñece o profesor lugués Dino Pacio Lindín, membro activo da antiga Casa Galicia, tamén autor dun libro de versos en galego. Con Dino Pacio e baixo a marca Colectivo Celso Emilio Ferreiro, organiza diversas actividades a prol da cultura galega: feiras do libro, lecturas poéticas de autores galegos, unha mostra de poesía española por encargo do Consulado Xeral de España, etc. Mais, Koki non se dá entendido coa directiva da nova Casa Galicia, centrada máis en facer cartos que en difundir a cultura da Terra, e rompe con eles.
En 1987 aparece en Madrid Para el amor pido la palabra (cunha segunda edición en Buenos Aires, en 1990). Un poemario no que flúe a paixón do namorado, “coa loucura terrible / que leva dentro o amor” ó lembrar os ollos e o corpo da amada. O poeta-amante semella estar lonxe do seu obxecto de amor e diríxese a un Ela desde o Eu enunciador recordando momentos felices na entrega amorosa, e dolorosos na ausencia:
Recuerdo tus ojos, / como se recuerdan los sueños / que no se olvidan nunca, / necesito escribir versos con la humedad de tus labios / hundirme en los caminos que tu piel / ha trazado a mis manos, y en tu vientre como ríos, desembocará mi barca.
Ese mesmo ano funda cos amigos hispanos a Editorial Moria, onde publica en 1988 os poemas premiados no Queens College da Universidade de Nova York co título Sombra de Luna. Trátase de poemas de temática variada, con textos de crítica social, de nostalxia pola Terra ausente, de sentimentos suscitados nas rúas neoiorquinas e de loa a amigos e poetas queridos. A gran cidade é o fondo no que xorde a “Meditación” do poeta:
No, no es un simulacro. / No pretendo llegar a lo infinito / ni escribir parábolas, / tan solo el meditar / es el momento circunstancial / de muchos giros / que da nuestra vida.
Maruxía, de 1989, é o primeiro libro en galego escrito en Nova York; ten unha segunda edición en 2010. Trátase dun poemario inmerso na soidade que sente o autor afastado do mar da Guarda e da dor que o conmoven as noticias que lle chegan dos mariñeiros asolagados na súa inmensidade:
Hoxe teño que escribir porque non podo… / O infindo tempo despedázase en anacos, / e eu soño esperto, /namentres escribo.
Teño que vir a ti /para facerte máis meu na inmensidade / do lonxano horizonte que te cobre /e te empresta o brillo desta hora.
As dedicatorias dos poemas, coa excepción de “Queixa”, a pintores, escultores, escritores, mariñeiros e amigos, son testemuñas de que o enunciado forma parte de sentimentos verdadeiros, que o discurso poético brota da aflición, da pesadume, da tristeza, concibidas non só como expresións negativas senón tamén coma forzas que inducen o poeta á amizade, á cordialidade, a reaccionar fronte á negatividade, como sinala Forcadela.
Mais aló e Fisterre e Lexanías, de Francisco Álvarez - Koki
En 1991 sae Mais aló de Fisterre, cun limiar de Dino Pacio e un epílogo de Méndez Ferrín, e en 1999 Alén da Fronteira, prologado polo seu amigo Ramón Caride Ogando. Poemarios nos que se manifesta a cara máis negativa da grande urbe neoiorquina: a dureza do día a día da humanidade, a vida cotiá sen tregua, a soidade das xentes, en definitiva, a loita cruel pola vida. En compensación, está o amor de Lola e Breogán, o motor que dá sentido á vida do poeta.
"Para abril e amantes", de Álvarez - Koki
É o mesmo amor o que conduce os poemas de Para abril e amantes, que aparece en 2003 na colección Tambo da Deputación pontevedresa, que ten en unha edición bilingüe español-inglés en Nova York, en 2012, cun limiar de Antonio Muñoz Molina. Neste libro, Koki volve reflexionar sobre a paixón e as vivencias amorosas. Lola xorde nas palabras do Eu enunciador como un ideal de desexo mais tamén como unha realidade. O seu nome percorre o libro desde a mesma dedicatoria acompañando o poeta polo mundo.
Dende aquí penso/ nos puntos suspensivos e nas comas,/ que só coñecemos eu e o teu corpo./ Agora invádenme non só a tristeza/ senón a xeografía do silencio.
En 1996 aparece en Tomiño a antoloxía de poesía amorosa, Entre tu cuerpo y mi cuerpo 1986-1996, premiada en 1997 polo Círculo de escritores e poetas Iberoamericanos de Nova York, e en 2000 Al fin del Siglo, en Nova York. A antoloxía será reeditada en 2007.
A poesía de Koki aparece tamén en varias antoloxías de poesía hispana: Circunferencia de la palabra (1989), Nueva York en nueve poetas, (1999), Doce poetas entre rascacielos (2000), edición bilingüe, español e inglés; Miradas de Nueva York (2000), Escritores españoles en Nueva York (2006) e Geometría y Angustia, escritores españoles en Nueva York (2013).
E o poeta Koki proba a escribir narrativa: contos e teatro.
Cun poeta e dramaturgo colombiano escribe a peza de teatro Quemar las naves, que gaña en 2003 o primeiro premio do Teatro latino Repertorio Español. A obra, que está protagonizada por unha familia de emigrantes colombianos residente en Nova York e fala da política americana e dos abusos dos clérigos cos nenos, representouse nun teatro de Queens e estivo meses en carteleira.
Exemplares das dúas edicions - a 1ª en Galego e a 2ª en Español - de Ratas en Manhattan
Os contos están recollidos na antoloxía Ratas en Manhattan publicada por Sotelo Blanco en 2007 (edición española en 2013). Nalgúns, Koki parodia a vida de emigrantes galegos con merecidas críticas. En 2014 saca o conto Un neno na emigración nunha colección infantil de Edicións do Cumio.
Ademais de todo o dito, Koki é un activo articulista na prensa galega, sobre todo, en A Peneira, onde colabora dende a súa fundación.
En definitiva, nos inicios da escrita, Koki poetizou sobre a paisaxe guardesa, confesaba sentimentos amorosos e doíase da soidade que o asolagaba. É a paisaxe da súa terra co mar omnipresente o que aparece nos textos intimistas de Lexanías. Unha poesía conducida por un Eu melancólico que busca respostas ás preguntas sobre o mundo agresivo que estaba a descubrir e onde parecía non ter cabida xente coma el.
Moitos foron os poemas escritos e os temas tratados desde aquel primeiro libro por este prolífico poeta guardés; sempre nunha escrita espontánea e sincera, “feita de sentimentos na procura do seu anceo de canto”, como escribiu Eliseo Alonso, e onde o amor vai ser o tema condutor da escrita; un amor obsesivo, sentimental e, por veces, erótico; un amor con referencias continuas a Lola, a súa compañeira. E xunto ó amor, a soidade de lugares e amigos, a crítica social, a guerra, as inxustizas e os abusos dos ricos contra os pobres serán os temas debullados na escrita do amigo Koki.
É a súa unha poesía concibida coma un exercicio de sentimentalidade, espida de formalismo e de requintamento para camiñar sen atrancos coa transparencia das palabras, só á procura da eficacia para achegarse ós e ás lectoras dos seus versos e comunicarlles as paixóns que o asolagan. Desde unha voz situada na contorna paisaxística do Océano, sexa desde esta ou desde a outra beira, está o mar emisor de signos que Koki, na condición de poeta, tenta interpretar en momentos de inspiración desde a súa propia conciencia. “O mar está dentro e fóra, aquén e alén mar, na Guarda e en Nova York”, di Forcadela.
Como sinalan os seus prologuistas, a poesía de Koki revélanos un autor sincero, sinxelo e espontáneo, que escribe cunha linguaxe directa, sen metáforas complexas.
Un poeta “cheo de piedade para canto o rodea”, en palabras de Rafael Bordao.
Un poeta “cheo de piedade para canto o rodea”, en palabras de Rafael Bordao.
E se o ideal de calquera ser humano é sentirse querido, Koki acada hoxe ese ideal ó ser querido e acollido na súa Terra como poeta das Letras Galegas 2015".
Rematada a intervención de María do Camiño Noia Campos, o público agradeceu súa brillante loa o poeta Álvarez - Koki, con abondosos aplausos.
Logo sería Julia Sobrino González, presidenta da Agrupación Cultural Guardesa, quen daría lectura a un texto da súa autoría, vencellado a súa vez, con unha premonición que ela escrebera o día 4 de marzo de 1980, titulada "Ánimos para un poeta" (Escrito para Koki), inédito ata agora, e que pode lerse na publicación adicada o poeta da Estivada, editada Agrupación Cultural Guardesa e coordinada por María Soledad Diz Amil.
Rematada á actuación do Quinteto de Metais Ray - Band Brass, membros da Agrupación Cultural Guardesa fixeron entrega dos correspondentes agasallos conmemorativos os respectivos representantes dos grupos que amenizaron o evento, así como a María do Camiño Noia Campos. O correspondente a Francisco Álvarez - Koki, por delegación da presidenta da Agrupación Cultural Guardesa, foille entregado polo alcalde en funcions.
Como corresponde nestas ocasións, o homenaxeado agradeceu que se lle adicase o Día das Letras Galegas. Na súa intervención dixo enre outras cousas: "Nacín para ser un neno bo, pero ás circunstancias da vida e as inxustizas, fixeron que resulte un pouco incómodo".
Na súa intervención, Francisco Álvarez - Koki tivo unha lembranza de agarimo para Eliseo Alonso Rodríguez, seu padriño literario, así como para os amigos do Ciclismo, deporte sacrificado no que militou Koki, antes de comezar súa andaina literaria. Tamén fixo mención do seu agradecemento o xornalista Guillermo Rodríguez Fernández e a catedrática María do Camiño Noia Campos.
Asemade recitou dous poemas, un deles "Elexía ó escultor Xoán Piñeiro" e outro "A Galiza", escrito en New York, con versos de seixo, que foron rubricados cos aplausos do público.
Loli Estévez recibindo de Julia Sobrino un ramo de flores. A esquerda da imaxe, Manuel Santos, presentador do acto organizado pola Agrupación Cultural Guardesa
E antes de por broche de ouro a homenaxe, a presidenta da Agrupación Cultural Guardesa tivo unhas verbas de agarimo para Loli Estévez, esposa de Koki, a quen lle entregou un ramo de flores.
E como non podía ser doutro xeito á velada cultural rematou cos acordes do Himno Galego (Letra: Eduardo Pondal - Música: Pascual Veiga), interpretado polo Quinteto de Metais Ray Band Brass, e coreado polo respectable público.
Asemade, como ven sendo tradicional, a Agrupación Cultural Guardesa entregou a cada persoa, cadanseu exemplar da publicación conmemorativa, adicada a Francisco Álvarez - Koki, con fotografías súas, de diversas épocas, moitas delas, na compaña de persoalidades como Eliseo Alonso, Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Ramón Caride Ogando, Amado Ricon, Dinio Pacio, Emilio González López, Xesús Alonso Montero, Gonzalo Torrente Ballester, Ánxela Gracián, Olegario Sotelo Branco, Xosé Neira Vilas,...
Na publicación hai tamén varios poemas de Álvarez - Koki, así como un fragmento de un relato incluido no libro de narrativa Ratas en Manhattan, editado inicialmente en galego, e posteriormente en castelán, como o própio autor, explicou oportunamente na súa intervención.
Asemade na devandita publicación hai unhas notas briográficas sobor de Xosé Fernando Filgueira Valverde, a quen se lle adicou a Día das Letras Galegas neste 2015, en toda Galicia.
Francisco Álvarez - Koki, asinando exemplares da publicación conmemorativa editada pola Agrupación Cultural Guardesa, en presenza de Chuny Vázquez, Alicia María Alonso Rivas e José Luis Alonso Álvarez, entre outras persoas
E cando os reloxos xa sinalaban ás 22:45 horas, remataba a homenaxe o poeta, escritor e xornalista, Francisco Álvarez Álvarez (Koki), quen durante un bo espazo de tempo atendería a amigos e veciños, asinándolles os respectivos exemplares da publicación coa que a Agrupación Cultural Guardesa agasallou a tódolos asistentes.

E xa no tramo final da homenaxe, actuaría o Quinteto de Metais Ray - Band Brass, formado por compoñentes da Agrupación Musical de A Guarda, que interpretaron as seguintes obras: Sonata (Anónimo), Negra Sombra (Letra: Rosalía de Castro), Vals peruano (tema pertencente a "Suite americana", de Enrique Crespo), e Killer Tango (Sonny Kompanek).
Quinteto de Metais Ray - Band Brass
Rematada á actuación do Quinteto de Metais Ray - Band Brass, membros da Agrupación Cultural Guardesa fixeron entrega dos correspondentes agasallos conmemorativos os respectivos representantes dos grupos que amenizaron o evento, así como a María do Camiño Noia Campos. O correspondente a Francisco Álvarez - Koki, por delegación da presidenta da Agrupación Cultural Guardesa, foille entregado polo alcalde en funcions.
Álvarez - Koki dirixíndose á audiencia o día da súa homenaxe
Como corresponde nestas ocasións, o homenaxeado agradeceu que se lle adicase o Día das Letras Galegas. Na súa intervención dixo enre outras cousas: "Nacín para ser un neno bo, pero ás circunstancias da vida e as inxustizas, fixeron que resulte un pouco incómodo".
Na súa intervención, Francisco Álvarez - Koki tivo unha lembranza de agarimo para Eliseo Alonso Rodríguez, seu padriño literario, así como para os amigos do Ciclismo, deporte sacrificado no que militou Koki, antes de comezar súa andaina literaria. Tamén fixo mención do seu agradecemento o xornalista Guillermo Rodríguez Fernández e a catedrática María do Camiño Noia Campos.
Asemade recitou dous poemas, un deles "Elexía ó escultor Xoán Piñeiro" e outro "A Galiza", escrito en New York, con versos de seixo, que foron rubricados cos aplausos do público.
Loli Estévez recibindo de Julia Sobrino un ramo de flores. A esquerda da imaxe, Manuel Santos, presentador do acto organizado pola Agrupación Cultural Guardesa
E antes de por broche de ouro a homenaxe, a presidenta da Agrupación Cultural Guardesa tivo unhas verbas de agarimo para Loli Estévez, esposa de Koki, a quen lle entregou un ramo de flores.
E como non podía ser doutro xeito á velada cultural rematou cos acordes do Himno Galego (Letra: Eduardo Pondal - Música: Pascual Veiga), interpretado polo Quinteto de Metais Ray Band Brass, e coreado polo respectable público.
Asemade, como ven sendo tradicional, a Agrupación Cultural Guardesa entregou a cada persoa, cadanseu exemplar da publicación conmemorativa, adicada a Francisco Álvarez - Koki, con fotografías súas, de diversas épocas, moitas delas, na compaña de persoalidades como Eliseo Alonso, Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Ramón Caride Ogando, Amado Ricon, Dinio Pacio, Emilio González López, Xesús Alonso Montero, Gonzalo Torrente Ballester, Ánxela Gracián, Olegario Sotelo Branco, Xosé Neira Vilas,...
Na publicación hai tamén varios poemas de Álvarez - Koki, así como un fragmento de un relato incluido no libro de narrativa Ratas en Manhattan, editado inicialmente en galego, e posteriormente en castelán, como o própio autor, explicou oportunamente na súa intervención.
Asemade na devandita publicación hai unhas notas briográficas sobor de Xosé Fernando Filgueira Valverde, a quen se lle adicou a Día das Letras Galegas neste 2015, en toda Galicia.
Francisco Álvarez - Koki, asinando exemplares da publicación conmemorativa editada pola Agrupación Cultural Guardesa, en presenza de Chuny Vázquez, Alicia María Alonso Rivas e José Luis Alonso Álvarez, entre outras persoas
E cando os reloxos xa sinalaban ás 22:45 horas, remataba a homenaxe o poeta, escritor e xornalista, Francisco Álvarez Álvarez (Koki), quen durante un bo espazo de tempo atendería a amigos e veciños, asinándolles os respectivos exemplares da publicación coa que a Agrupación Cultural Guardesa agasallou a tódolos asistentes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario