6 de xuño de 2015

A GUARDA

2ª EDICIÓN - “QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!”
Xornadas para Mellorar as Habilidades Profesionais



Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño convoca a 2ª Edición do Taller denominado “Queres Traballar? Axudámosche!!” para mellorar a empregabilidade e a inserción de persoas desempregadas e/ou que teñan dificultades de integración no mercado de traballo.

 Ten como obxectivo aumentar a cualificación profesional para facilitar e conseguir a inserción laboral utilizando unha metodoloxía individualizada. O programa está organizado en catro módulos e os participantes poderán participar naquel que máis lles interese, aínda que se da prioridade ás persoas que se inscriban no taller completo.

 Nesta ocasión, dividimos o taller en dúas partes: unha convócase durante este mes de xuño e a segunda parte impartirase despois do verán. O calendario e os contidos organízanse do seguinte xeito:
I.- Currículum Vitae Eficaz e “Marca Persoal”
Días 22 e 26 de xuño de 9 a 14 h.
II.- Automotivación
Día 24 de xuño de 9 a 14 h.
III.- Entrevistas de Traballo: como enfrentarse a elas
Días 29 de xuño e 1 de xullo de 16 a 21 h.
IV.- Búsqueda de Emprego por Internet e Oportunidades de negocio na Rede
Día 3 xullo de 9 a 14 h.

 As prazas para participar son limitadas baixo rigorosa orde de inscrición.
 O prazo de inscrición remata o xoves 18 de xuño.
Para formalizar a inscrición é preciso cubrir un formulario que se atopa en www.erguete.org e tamén enviar o Currículum Vitae a emprego@erguete.org.

 Esta actividade será impartida nas instalacións da Asociación Érguete Baixo Miño e para o desenvolvemento da mesma conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.

 Para máis información e inscricións en www.erguete.org. Tamén  directamente na Asociación Érguete Baixo Miño situada na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  emprego@erguete.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario