4 de xuño de 2015

A GUARDA

“TAPEARTE”: DEZANOVE LOCAIS PARTICIPANTES PARA DISFROITAR CON UNHA GRAN VARIEDADE DE TAPAS E MOITA CALIDADE 

Neste evento, que se desenrolará dende hoxe ata o domingo 14, coincidindo en datas coa festa do Santísimo e as alfombras, e San Antonio, ofrécense tapas moi variadas e de gran calidade a un prezo de dous euros.


 Infogauda / A Guarda

 Coa participación de representantes municipais e a maior parte dos hostaleiros guardeses, na mañá deste xoves 4 de xuño, na Casa dos Alonso, foi presentada a terceira edición da ruta “Tapearte” na que participan un total de dezanove locais, entre restaurantes, bocaterías e xamonerías. Neste evento, que se desenrolará dende hoxe ata o próximo domingo 14, coincidindo en datas coa festa do Santísimo e as alfombras, e San Antonio, ofrécense tapas moi variadas e de gran calidade a un prezo de dous euros. Os horarios para probar estas elaboracións son de 12 a 13:30 horas e de 19 a 21 horas.

 Os restaurantes que participan nesta iniciativa son “Arruaz”, “Bahía”, “Bitadorna”, “Brisamar”, “Casa do Outeiro”, “Gaviota”, “La Pizzicata”, “O Cangrexal”, “O Paseo”, “O Roxo”, “Xantar”, “Xeito” e “Trasmallo”. Ademais tamén ofrecen as súas receitas nas bocaterías “Brétema” e “Marbella”, na xamonería “Avenida”, o hotel “El Molino”, o Aparthotel “Marouco” e na tapería “Vaite Vindo”. 

 Entre as tapas que se ofrecen hai unha contrastada calidade e moita variedade, de tal xeito que os comensais poden escoller entre, por exemplo, unhas filloas recheas, brochetas de produtos de mar, salpicón, ou tapas baseadas en ternera galega ou chipiróns.


 Entre todas as persoas que se animen a probar algunha das tapas da ruta se sorteará unha fin de semana para dúas persoas no Parador de Tui, e outros dous fins de semana no Hotel Molino e no Aparthotel Marouco, da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario