A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLEXIO "AS SOLANAS" CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE CON UN AMPLO ABANO DE ACTIVIDADES
Jorge Pazos Giráldez / A Guarda
O Colexio “As Solanas” celebra este venres o Día Mundial Do Medio Ambiente con varias actividades relacionadas co medio natural. Entre outras, visitarán o Punto Limpo, a depuradora e a Aula da Natureza da Pasaxe. Así mesmo farán una pegada de carteis polo paseo marítimo, pola Alameda e pola Praia do Muiño.
Na imaxe a balsa feita polos alumnos do Colexio As Solanas, con madeiras recollidas na praia
Tamén visitarán O Puntal para observar a píllara papuda, as salinas e a importancia dos percorridos de madeira para a conservación das dunas e das diferentes plantas que nela crecen.
Para rematar o día botarán simbólicamente un pequeno barco feito con madeiras recollidas na praia.
Cartel deseñado por alumnos do Colexio As Solanas, no que se reflicten varias especies invadoras, como á vespa asiática, a unlla de gato ou o cangrexo americano,...
Queremos agradecer de antemán a colaboración do Concello e da asociación Anabam, así como do programa Voz Natura dentro do cal está enmarcada esta actividade.


Ningún comentario:
Publicar un comentario