10 de xan. de 2014

OURENSE

III Cromática: Bienal de Pintura Joven 

Fundación Cum Laude organiza “CROMÁTICA, III BIENAL DE PINTURA JOVEN”, que se celebrará entre los días 3 al 29 de marzo del año 2014 en la Sala de Exposiciones de la casa de la Xuventude de Ourense.


PONTEVEDRA

 DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 


PREVISIÓNS INFORMATIVAS 

DOMINGO, 12 DE XANEIRO DE 2014
AXENDA DE DEPUTADOS

11,30 horas............... As deputadas provinciais Begoña Estévez e Marta Iglesias asisten á presentación das escolas deportivas de balonmán e á entrega de equipacións.  Sede da Deputación en Vigo. Rúa Oporto 3. VIGO.
17,00 horas............... A deputada provincial Marta Iglesias asiste ao V Concurso de Rondallas Deputación de Pontevedra.  IFEVI, Avenida do Aeroporto, 772. VIGO.
 LUNS, 13 DE XANEIRO DE 2014
AXENDA DE DEPUTADOS
12,00 horas............... A deputada provincial Begoña Estévez reúnese con representantes do Club de Remo de Cangas, do Club Náutico Rodeira, Ánfora de Patinaxe, Aspamsim e do Comedor Social de Cangas.  Concello de Cangas do Morrazo.
20,00 horas............... A deputada provincial Marta asiste a entrega de diplomas do curso do programa  Actívate en Oia.  Centro Cultural de Mougás. OIA.

ESPAÑA

EXPRESIDENTES

Llamazares: “La beca de Felipe González en Gas Natural ha salido muy cara” 

Gaspar Llamazares Trigo, diputado de Izquierda Unida

"Podría haberse dado cuenta antes de que es un trabajo aburrido", dice el diputado de IU sobre el anuncio del expresidente de que dejará Gas Natural.
Cuando se hizo público su fichaje por parte de la compañía energética, se informó de que cobraría 126.500 euros brutos.

GALICIA

Una firma nueva de parientes de cargos del PP recibe otro parque arqueológico 
Inauguración del Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro / CARLOS PUGA

La empresa despidió plantilla antes de hacerse con su segundo contrato de Cultura.

EDITORIAL

SE UN GOBERNO NON VALORA O SACRIFIZO DOS EMIGRANTES, POIDA QUE NON MEREZA RECOÑECERLLE SÚA REPRESENTATIVIDADE

Infogauda 
  Os Gobernos do Estado español, tanto o que temos que aturar hoxendía, como os que aturamos anteriormente, deberían ter máis consideración cos cidadáns que o longo dos tempos, deixaron ás súas aldeas, cidades e pobos de orixe, para sair polo mundo adiante á procura de uns ingresos económicos que non tiñan nos seus lugares de nacencia ou de residencia, traballando honradamente en todo o que poidesen. Para poder remesar ás súas familias o diñeiro para ir arranxando ás vivendas - nalgúns casos, poderíamos decir infravivendas, xa que non tiñan nin auga corrente, nin cuarto de baño, ... -, para pagar os gastos que xeraban os fillos por teren que sair fora dos seus lugares de nacemento á estudar, xa que en pobos como A Guarda, O Rosal, Tomiño, Oia, ..., non había institutos públicos onde poder cursar o Bacharelato; para ir xuntando uns aforros - para o día de mañá, como se acostumaba decir, e que logo algúns desaprensivos lles fixeron o que desde fai dous anos, todos sabemos -; para mercar algunha terra onde máis adiante poder facer unha nova casiña, ou unha vivenda para os fillos,... Todo ese sacrifizo, fixo que este país, saíse pouco a pouco do atraso económico, social e cultural no que estivo na longa noite de pedra, como ben dixo Celso Emilio Ferreiro.
  O goberno debería bicarlles os pés os emigrantes. E non esaxeramos. En cada pobo debería haber un monumento en lembranza dos emigrantes de tódolos tempos que sairon á procura de un futuro mellor para os seus, e por extensión para á sociedade no seu conxunto.
  Que nos digan, se non é verdade, porqué o longo de varias décadas, proliferaron as sucursais bancarias por tódolos pobos. Que nos digan porqué algunhas desas entidades remesaban persoal a varios países extranxeiros a captar os aforros dos emigrantes.
  Xa se esqueceron de todo iso? Xa se esqueceron que se á construcción deu traballo o longo de moitos anos, foi en grande medida, sobor de todo, polo diñeiro que movían os emigrantes, e que cando viñan a pasar uns días o lar, deixaban o diñeiro que habían aforrado polo mundo adiante, nos almacens de materiais de construcción e nas empresas que se adicaban á construcción de vivendas ou de reformas, e mesmo ás que promovían e vendían pisos e baixos comerciais
  Habería moito máis que decir, sobor de todo do sofrimento de moitos pais, que ían soios á emigración, deixando na casa os seus maiores, á esposa e os fillos. Ou no mellor dos casos, dos matrimonios que ían os dous, para poder aproveitar todo canto poidesen, deixando os fillos cos avós. E non poder estar con eles, nada máis que aqueles escasos días das vacacións, que sabían a ben pouco.
 Se o goberno non sabe valorar eses esforzos dos emigrantes poida que mereza recoñecerlle á representatividade que recibiron das urnas. 
  Un goberno democrático debería mirar pra diante, e non requerir con efecto retroactivo, o que mesmo poidera ser constitutivo de un abuso de poder.