15 de xuño de 2014

OPINIÓN

HERÁLDICA. "MEMENTO MORI"

Por: Suso de Toro

Hai cousa de trinta anos a TVE, a única canle daquela, emitía unha serie de filmes protagonizados por Humphrey Bogart, hoxe resulta difícil de imaxinar que filmes dos anos trinta e corenta en branco e negro puidesen ter a audiencia masiva que tiveron: a xente nos tresillos das súas casas e os cafés cheíños de xente. O conto é que eu daquela tiña un programa de radio xustamente á mesma hora, élles unha situación parecida a escribir aquí cando todo o mundo debece por ver os partidos do mundial, maiormente de “la Roja”. Así e todo, cumpramos os deberes adquiridos e poñamos algo aquí. (Aínda haberá outra abdicación, a de Vicente del Bosque, o seleccionador, a que termine o mundial. Han ver).

Ningún comentario:

Publicar un comentario