11 de xuño de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

COMUNICADO 

   O Rosal, 11 de xuño de 2014

 Debido a construcción do Vial Tui-A Guarda, foron expropiadas terras das Comunidades de Montes dos Concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, con data das actas previas de ocupación do ano 2009, as Comunidades de Montes expropiadas, aínda, na actualidade nin recibiron nin cobraron o acordado.  

 Tras informar disto aos Concellos do Baixo Miño mediante mocións presentadas por Rexistro, as Comunidades de Montes decidiron solicitar unha reunión con tódolos grupos con representación no Parlamento Galego. 

 Respostaron a esta solicitude somentes o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista Obreiro, recibindo a unha  representación  (Areas, Tabagón e o Presidente de Organización Galega de Montes), hoxe mércores 11 en Compostela.  

 O BNG da man de Tareixa Paz e Carme Adán solicitou á representación Comunal máis dados para poder investigar o acontecido e comprometéronse tamén a  levar unha Inciativa Parlamentar, ademáis de apoiar as diferentes actuacións e mobilizacións que as correspondentes Comunidades acorden.  

 Por outra banda o PSOE da man de Pablo García solicitou tamén máis dados para ampliar esta información e trasladarán ás Comunidades as medidas que acorden. 

 Porén, as Comunidades de Montes ante estes feitos convocarán unha reunión informativa para acordar os seguintes pasos e actuacións".

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario