Desenvolveranse nunha vintena de concellos da provincia
A DEPUTACIÓN, EN
COLABORACIÓN COA UNIÓN DE CONSUMIDORES, PON EN MARCHA XORNADAS INFORMATIVAS
SOBRE O MERCADO ELÉCTRICO
·
O obxectivo é orientar e asesorar aos consumidores nun
asunto que está a xerar enormes dúbidas
·
Abordaranse cuestións como as opcións á hora de contratar
a electricidade; os sistemas de facturación e as tarifas, ou cuestións a ter en
conta para aforrar na factura
A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia,
pon en marcha un ciclo de xornadas informativas sobre o mercado eléctrico
actual, baixo o título Electricidade, un
camiño cara o aforro.
O obxectivo é dar resposta á evidente necesidade de informar, asesorar e
aclarar dúbidas a uns consumidores que nestes momentos se senten desorientados
ante os cambios normativos no mercado eléctrico.
Estas xornadas pretenden responder a esta necesidade e seguirán un formato
similar ao que no seu día se estableceu para informar sobre o conflito das
preferentes. Organizaranse xornadas abertas a todos os cidadáns interesados
nunha vintena de concellos da provincia, onde técnicos especialistas da Unión
de Consumidores abordarán temas como as opcións existentes á hora de contratar
a electricidade; os sistemas de facturación e as diferentes tarifas e prezos
aos que se pode acceder ou cuestións que o usuario deberá ter en conta para
aforrar na factura, ademais de atender as consultas e dúbidas que expoñan os
asistentes ás xornadas.
Nestas sesións poderase obter información sobre os diferentes conceptos
polos que se paga nunha factura de electricidade; as diferenzas entre o mercado
libre e o mercado regulado e como saber cal convén máis e, incluso, a cal se
está acollido na actualidade; así como criterios elixir o contrato, a tarifa ou
a potencia que mellor se adapte á situación de cada consumidor e, en
consecuencia, lle resulte máis económica.
Son cuestións todas elas que están causando un considerable desconcerto
entre a sociedade e ás que a Deputación de Pontevedra, no seu compromiso de
busca de solucións para os cidadáns, decidiu tratar de dar resposta por medio
da estreita colaboración que mantén coa Unión de Consumidores de Galicia.
As primeiras
sesións, en Baiona, Caldas e Cangas
A primeira das xornadas desenvolverase esta mesma tarde en Baiona, ás 19,30
h. no Centro Multiusos Ángel Bedriñana.
A ela seguiralle outra sesión informativa tamén ás 19,30 horas en Caldas (o
xoves 12, no Auditorio municipal) e, ás 18,30 horas, en Cangas, o venres 13 de
xuño, no salón de Plenos do Concello.
O luns terá lugar cadansúa charla en Cuntis (na Casa de Cultura Roberto
Blanco) e en Mos (no Multiusos As Pozas, en Petelos). Nos dous casos serán ás
19,30 horas.
As xornadas informativas, que son de entrada libre e gratuíta,
desenvolveranse ata finais do mes de xuño nunha vintena de concellos da
provincia, co obxectivo de achegar a información a todos os interesados.
Así, ademais das antes citadas, xa están pechadas as charlas nos seguintes
concellos:
CHARLAS INFORMATIVAS
|
||
Concello
|
Día
|
Lugar
|
BAIONA
|
11
DE JUNIO (19,30 H)
|
CENTRO
MULTIUSOS ÁNGEL BEDRIÑANA
|
CALDAS
|
12
DE JUNIO (19,30 H)
|
AUDITORIO
MUNICIPAL
|
MOS
|
16
DE JUNIO (19,30 H)
|
MULTIUSOS
AS POZAS EN PETELOS
|
CANGAS
|
13
DE JUNIO (18,30 H)
|
SALÓN
DE PLENOS DEL CONCELLO
|
CUNTIS
|
16
DE JUNIO (19,30 H)
|
CASA
DE CULTURA ROBERTO BLANCO
|
CAMBADOS
|
17
DE JUNIO (19,30 H)
|
EXPOSALNÉS
|
PONTE CALDELAS
|
18
DE JUNIO (19,30 H)
|
CENTRO
CULTURAL PONTE CALDELAS
|
A CAÑIZA
|
27
DE JUNIO (19,30 H)
|
SALÓN
DE PLENOS DEL CONCELLO
|
VILAGARCÍA
|
20
DE JUNIO (19,30 H)
|
AUDITORIO MUNICIPAL (SEMINARIO)
|
A ESTRADA
|
19
DE JUNIO (19,30 H)
|
MUSEO
DO MOME (AVDA. BENITO VIGO, 92)
|
GONDOMAR
|
26
DE JUNIO (19,30 H)
|
CENTRO
NEURAL
|
RIBADUMIA
|
27
DE JUNIO (20,00 H)
|
CASA
DE CULTURA DE RIBADUMIA
|
SANXENXO
|
19
DE JUNIO (19,30 H)
|
USOS
MÚLTIPLES DE PORTONOVO
|
MARÍN
|
26
DE JUNIO (19,30 H)
|
BIBLIOTECA
MUNICIPAL
|
LALÍN
|
30
DE JUNIO (19,30 H)
|
MUSEO
MUNICIPAL
|
TUI
|
18
DE JUNIO (19,30 H)
|
SALA
FÉLIX RODRÍGUEZ DEL EDIFICIO ÁREA PANORÁMICA
|
PONTEAREAS
|
30
DE JUNIO (20,30 H)
|
AUDITORIO
SALA MULTIUSOS
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario