28 de xuño de 2013

BAIXO MIÑO

II ASEMBLEA DA CIG DO BAIXO MIÑO
            
      A Confederación Intersindical Galega,  realizará este venres día 28 de xuño, ás 20.00 horas,  no Restaurante Juan de O Rosal,  a  II Asemblea  da Unión Local do Baixo Miño, na que presentará os  37 delegados e delegadas  elixidos pola afiliación da Central Sindical,  o informe e a  xestión realizada dende o 2010 ate agora,  que estatutariamente lle corresponde facer unha vez realizado o Congreso Confederal da CIG, e a posterior Asemblea Comarcal  da CIG- Vigo.
         Así mesmo renovaráse a Executiva Comarcal, composta de 7 membros, incluído o Responsable da Unión Local do Baixo Miño, na que se presenta unha lista única, liderada polo o actual Secretario da Unión Local do Baixo Miño, Serafín Fernández Portela.
          Temos actualmente unha profunda crise sistémica na que o agravamento e a radicalización das políticas antiobreiras e antisociais, feitas polo PSOE e despois asumidas e incrementadas polo PP, non fan máis que endurecer as condicións de vida da clase traballadora, na que no Baixo Miño a CIG e a única ferramenta da que dispón a clase traballadora para  cando ten que defenderse dos ataques da patronal.
(R.)     

Ningún comentario:

Publicar un comentario