A
AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CONVOCA O
XXVII CERTAME
DE POESÍA "FELICIANO ROLÁN"
con arranxo
ás seguintes bases:
1.- Poderán presentarse poetas de calquera
nacionalidade, sempre que os traballos que concursen veñan escritos en galego
ou castelán.
2.- Os traballos serán orixinais e inéditos e
comprenderán poemas non premiados noutros concursos. O tema será libre,
igualmente a forma.
3.- Cada concursante remitirá un máximo de dous
poemas que non deberán ter menos de 30 versos nin excederán dos 100 en cada
poema.
4.- Os traballos presentaranse mecanografados a
dous espazos e por unha soa cara, en folio e por quintuplicado. En plica pechada se farán constar os datos do autor
así como o enderezo e número de teléfono. Os orixinais se remitirán ó seguinte
enderezo:
Apartado de
Correos, 69 - 36780 A GUARDA (Pontevedra)
5.- Xulgará o presente premio un xurado
constituído por membros da Agrupación Cultural Guardesa e persoas relacionadas
co mundo das letras. A súa composición darase a coñecer ao emitirse o fallo.
6.- O fallo do xurado darase a coñecer a través
dos distintos medios de comunicación, e comunicaráselle directamente aos
gañadores.
7.- O Premio "Feliciano Rolán" de Poesía
estará dotado con:
PRIMEIRO PREMIO: 360 Euros e Placa
SEGUNDO PREMIO: 120 Euros e Placa
TERCEIRO PREMIO: 60 Euros e Placa
A Agrupación Cultural Guardesa concederá un
accésit si o considera oportuno segundo o acordado na Asemblea do 16 de abril
de 2009.
Os Premios serán entregados nun Acto Cultural
Poético a celebrar en A Guarda o martes
6 de agosto ás 9:30 da noite no Centro Cultural da
Guarda coincidindo coas Festas do Monte Santa Trega. Non poden ser declarados
desertos.
8.- O prazo
de admisión dos traballos pecharase o día 19 de xullo de 2013
9.- Non se manterá correspondencia sobre o
concurso, e os traballos non premiados e plicas serán destruídos rematando o
fallo do Xurado.
10.- Os traballos premiados quedarán en poder da
Agrupación Cultural Guardesa, podendo esta publicalos cando o considere
conveniente.
11.- A participación neste concurso implica a
aceptación das presentes bases, así como tamén a decisión do xurado para algún
caso non previsto nas mesmas.
A Guarda, 13 de xuño de 2013
A
AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA AGRADECE A PRESENZA DAS PERSOAS PREMIADAS NO ACTO
DE ENTREGA
Este Premio está
Patrocinado polo EXCMO CONCELLO DE A GUARDA.
Colabora: COMISIÓN DAS
FESTAS DO MONTE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario