Un medio de comunicación necesario
Aliás, o desaparecemento nos últimos tempos de medios de comunicación en galego agrava aínda máis a situación, polo que a creación dun proxecto que responda a unha demanda existente é unha necesidade xa urxente. A ausencia de medios cuxo centro de atención informativa sexa Galiza e as liñas editoriais cada vez máis belixerantes nos medios de comunicación en soportes tradicionais, evidencian unha situación na que a nosa lingua, a defensa do país, a información de organizacións propias e a nosa cultura fica abafada na morea de información xerada con outras fontes e outros obxectivos.
+ INFO
Ningún comentario:
Publicar un comentario