28 de xan. de 2012

OIA

O CONCELLO DE OIA CELEBRARÁ O LUNS DÍA 30 DE XANEIRO, ÁS 09:00 DA MAÑÁ, UN PLENO EXTRAORDINARIO


O motivo principal da convocatoria do pleno do próximo luns e a aprobación de outro recoñemento extraxudicial de crédito por un importe total de 362.762,40


Miguel Giráldez / Concelleiro do Grupo Municipal do BNG no Concello de Oia

Xunto envío convocatoria de pleno extraordinario da corporación do Concello de Oia para o próximo luns ás 9:00 horas, a pesar de que o acordo do pleno ordinario de 25 novembro de 2011 estableceu as 20:30 horas como o horario de todos os plenos ordinarios e extraordinarios.

No caso dos plenos extraordinarios a Lei Lei 7/1985 [Art. 46.2.a] confire a potestade ó alcalde de convocar os plenos extraordinarios, aínda que a Lei non fai ningunha referencia o horario dos plenos. O BNG de Oia considera que o Alcalde coa convocatoria deste pleno extraordinario para as 9:00 hs., sáltase o anterior acordo plenario e demostra o teu talante antidemocrático.

O motivo principal da convocatoria do pleno do próximo luns e a aprobación de outro recoñemento extraxudicial de crédito por un importe total de 362.762,40 , é dicir incrementar máis o déficit do Concello de Oia. Montoro, ministro do PP do goberno español, revelou a semana pasada que a mala xestión publica terá castigo penal. O BNG considera que é evidente a mala xestión do goberno municipal de Oia, tendo en conta que Alejandro Rodríguez e os seus concelleiros, con axuda de asesores externos, levan case 9 anos gobernando, e a deuda é a máis alta da historia recente local. Pero o máis sangrante é que o municipio de Oia continúa sen cubrir servizos e necesidades básicas como un PXOM, a rehabilitación do antigo centro de saúde, auga municipal, depuradoras e saneamento integral digno do século XXI e un punto limpo. Ademáis en Oia o patrimonio arqueolóxico e cultural continúa abandonado, lastrando deste xeito o sector turístico local. Este caso demostra que Montoro descoñece como funciona o seu partido en lugares como Oia ou tamén pode ser que se trata dun anuncio de cara a galería.

NOTIFICACIÓN

DNA. MARÍA CABODEVILA ROS, Secretaria do Concello de Oia, Pontevedra, teño a ben notificar que o Sr. Alcalde-Presidente do Concello, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, con data 24.01.2012, dictou a resolución de convocatoria de Pleno extraordinario co contido literal seguinte:

“ DECRETO Nº 14/2012

Constatada a necesidade de someter ao Pleno asuntos de carácter extraordinario por canto pola súa natureza non cabe demorar para a celebración da próxima sesión ordinaria.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, en relación cos artigos 78.2, 80 e 82 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado mediante RD 2568/86 do 28 de novembro, e en virtude do establecido no artigo 47.2do mesmo corpo legal, esta Alcaldía-Presidencia RESOLVE:

PRIMEIRO: Convocar a Sesión Extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día Luns, 30 de xaneiro de 2.012, ás 09.00 horas no salón de sesións do Concello, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quorumesixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte

ORDE DO DIA

PRIMEIRO: Recoñecemento extraxudicial 1/2012 de gastos procededntes do exercizo anterior ( 2011).

SEGUNDO: Aprobación da Conta Xeral do Exercizo 2010.

SEGUNDO: Notificar a presente Resolución aos Sres. Concelleiros electos, advertíndo-lles que, conforme ao disposto, polo artigo 12.1 do citado RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar ca antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir a citada sesión.

TERCEIRO: Ordenar se de publicidade a través de edicto no Taboleiro de Anuncios do concello á presente convocatoria.

O que lle notifico pola súa condición de interesado, en cumprimento do establecido no artigo 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas, facéndoselle saber que:

O Citado acordo pon fin á vía administrativa polo que contra o mesmo pode interpoñer RECURSO DE REPOSICIÓN no prazo de un mes ante o mesmo órgano que dictou o acto, conforme ao previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, ou ben se no quere exercitar o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, órgano jurisdiccional competente, conforme ao establecido na Lei 29/98, do 13 de xullo, Reguladora da Jurisdicción Contencioso-Administrativa.

En Oia, a 25 de xaneiro de 2012

A Secretaria-Interventora

Asdo. María Cabodevila Ros

PROPOSTA DE ACORDO. PLENO CORPORATIVO

ASUNTO: EXPEDIENTE DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL 1/2012

Vistos os documentos xustificativos de gastos, correspondentes ó exercicio 2011, que non tiveron cabida no orzamento pasado, ben porque non se tramitaron correctamente ou por insuficencia ou inadecuación do crédito presupostario, ou pola omisión de trámites legais no procedemento administrativo.

Vista a memoria de Alcaldía que acompaña ó expediente e tendo en conta o informado pola Intervención municipal, en uso das competencias que me confire a normativa vixente, propoño ó Pleno da Corporación, que adopte o seguinteACORDO:

PRIMEIRO: Levantar o reparo formulado en Informe de Intervención de 20.01.2012, e ordenar a continuación do procedemento.

SEGUNDO: Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2012, por importe total de 362.762,40 correspondente aos gastos do exercicio 2011 que se detallan en Anexo I que acompaña a presente, debendo imputarse os gastos ás partidas presupostarias que tamén se detallan.

TERCEIRO: Ordenar se proceda á imputación contable dos gastos enumerados contra os créditos do exercicio 2012, (2011 prorrogado).

CUARTO: Dar traslado do presente á Intervención e Tesourería para o seu reflexo contable, cando sexa posible.

Oia, 24 de xaneiro de 2012.

O Alcalde

Asdo. Alejandro Rodríguez Rodríguez


Ningún comentario:

Publicar un comentario