16 de xuño de 2011

A GUARDA

UN VECIÑO PREGÚNTALLE O REXEDOR MUNICIPAL


AINDA NON SE SABE SE A PRIMEIRA AUTORIDADE LOCAL TERÁ Á DIGNIDADE DE RESPOSTARLLE


Antonio José Uris Alonso, emprendedor e veciño de A Guarda, e socio colabourador da Asociación Stop Accidentes

Infogauda / A Guarda


O pasado sábado tomaron posesión os novos edís da Corporación Municipal de A Guarda. Uns xuraron e outros prometeron - mesmo algúns engadindo a coletiña "por imperativo legal" -, cumplir e facer cumplir á Constitución, etc. etc.. E miren vostedes por onde, a algún representante público faltoulle tempo para demostrar, unha vez máis, que á súa actitude non é a que pretendeu amosar nas fotografías da pasada campaña electoral, ou en calquer medio impreso ou audiovidual, onde saia unha fotografía súa de pose estudada. Ese persoeiro emprega esa pose estudada, e poida que alguén lle crea. Outros moitos nunca lle creeron nin lle creen. De tódolos xeitos quedou constatado que máis de 300 electores xa deixaron de creerlle a él e os do seu clan político. Porque non foi un "puñado de votos" (sic), os que lles fallou para obter unha inmerecida maioría absoluta, como lograran en maio de 2007. Foi bastante máis que ese "puñado de votos". Foron 300 veciños máis que están cansos das súas actitudes.



De tódolos xeitos a quen non van lograr cansar é o veciño, contribuínte e socio colabourador da asociación Stop Accidentes, Antonio José Uris Alonso, coñecido popularmente como Toñín, de Quisqueya, que está facendo unha encomiable labor a prol da Seguridade Vial. Velaí á pregunta que no día de hoxe lle dirixiu o persoeiro que dixo que lles fallou "un puñado de votos" para acadar á maioría absoluta:







Sr. Alcalde:



¿Tivo xa tempo de pasar polo pintado Transversal Bouzó?


Respeto que o puxeran de unha dirección soa, que no Transversal con a Rúa Galicia puxeran un bonito paso de peatons e que ese pequeno trozo sea de raia amarela, pero a partires do nº8. ¿A que se debe tanta prohibición e porqué se eliminaron varias prazas de aparcamento?


¿Porqué non se pon esa Rúa como ZOA AZUL, e que a partires das 8 da tarde e os fins de semana se poda aparcar todo o día como en outras rúas da Vila?


Vólvolle a preguntar si será porque dito Transversal está cerca do noso Negocio e cantos menos clientes e veciños poidan aparcar, máis perxuicio é pra o noso Negocio que tamen pagamos os impostos si Vostede non o sabe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario