12 de mar. de 2011

A GUARDA

O CONCELLO EDITOU NOVOS DISCOS RELOXO PARA AS ZOAS AZUIS

- A falla de espacio en superficie, para estacionar os vehículos automóveis non se arranxa dese xeito

Infogauda / A Guarda

Continuando na súa liña de eliminar todo vestixio do pasado inmediato, o grupo chamado de goberno do concello de A Guarda, ven de editar novos discos reloxo que os usuarios deberán empregar cada vez que estacionen nas zoas denominadas azuis, que de xeito arbitrario foi determinado polas autoridades chamadas competentes.

A vista dos novos discos reloxo, resulta cando menos sorprendente o texto que figura na súa parte superior: ESTACIONAMENTO GRATUITO CON HORARIO LIMITADO
ZONA AZUL.

Calificamos o devandito texto de sorprendente, porque en máis dunha ocasión, á suposta "gratuidade" resultou totalmente á inversa. Temos constancia, que os axentes da Policía Local, seguendo instruccións da autoridade municipal chamada competente, tivo que facer uso dos correspondentes boletíns de sanción económica, por moi diversas circunstancias, non sempre debidas a unha práctica presuntamente indebida, por parte dos usuarios da vía pública, senón a falla da suficiente información, non xa os veciños do termo municipal, que tamén, senón os visitantes. De tal xeito que moitas persoas veñen afirmando, e con bastantes motivos para elo, que "non se pode vir A Guarda", que "non hai onde aparcar", etc., etc.. Esa problemática, que afecta directamente a todo o sector comercial e de servicios, e indirectamente a tódolos veciños, non se resolve con novos discos reloxo, senón con outro tipo de actuacións. Iso por unha banda.

Por outra, resulta cando menos pouco respectuoso cos visitantes, o emprego nas sinais correspondentes e nos devanditos discos reloxo, dunha lingua que a maioría descoñecen. E ainda que sexa por deferencia deica esas persoas que visitan A Guarda, e deixan neste pobo unha considerable achega económica da que viven non poucas familias, desde Infogauda coidamos que o chamado grupo de goberno debería empregar de xeito simultáneo outras linguas que sen menoscabo da galega, teñen millons de usuarios en todo o mundo.

Pero iso, craro está, semella importarlle ben pouco, ou cecais nada, a máis de un, que a pesares de perceber do erario público unhas importantes retribucións, non demostran ter unha ampla visión da responsabilidade que conleva que A Guarda, conte coa decraración de Concello de Interese Turístico Galego, ademáis do recoñecemento de Destino Europeo de Excelencia (EDEN 2010).
Se pensaran nos usuarios, que a vista está que non, tamén incruirían o número de teléfono da Policía Local, máis que nada, porque dese xeito, unha vez imposta a sanción, o afectado tería máis doado - ainda que non menos enoxoso - o pagamento do importe correspondente. Porque o fin e o cabo, nin cos anteriores disco reloxo, nin cos actuais, o problema da falla de aparcadoiros na vila de A Guarda, se vai resolver. Polo tanto, o fin inconfesable, pero real, é a sanción económica. E decir, a recadación pura e dura.
Tamén queremos relembrarlle os ilustres munícipes do chamado grupo de goberno, que o blasón do concello de A Guarda segue incumprindo a normativa heráldica en vigor. Xa vai sendo hora que den os pasos pertinentes para adapta-lo o escudo e o pendón, ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.
Por último, sería moi saudable que fixeran público o importe do investimento económico que supuxeron os novos discos reloxo, porque a cidadanía ten todo o dereito do mundo a dispor desa información, e tamén porque algúns, cos cartos de todos, non reparan en gastos.

3 comentarios:

  1. Felicito a o Iluminado de semexante idea.Con ésta idea mírase as claras varias cousas:
    - O Iluminado non sabe en que gastar o diñerio público que pra isto sí aparecerá.
    - Cómo se nota que veñen as eleccións e os efectivos da Policía Local terán menos traballo e dedicaránse a penalizar con 200 Euros a os veciños e visitantes que se paran brevemente nas ruás que non teñen Zoas Azúis e que na sua parada NON ENTROPECEN O TRÁFICO VIAL e por suposto ollarán con máis tempo a os que paran donde nos temos a nosa Copistería.
    - Con ésta brillante idea moitos veciños e comerciantes que simpatizan o colabouran con os nosos gobernantes podrán deixar o seu vehículo o tempo que lle pete como o están faendo agora, pero con éste novo disco oficialisase o que veño denunciando e que e unha realidade.
    - A o brillante Iluminado lle pediría que igual que seguramente repartirá os sobres con a papeleta de voto,casa por casa e e mán aproveite a ocasión pra entregar o disco e explicarnos como se lle ocurriu ésta idea.
    - Comparto con INFOGAUDA toda a opinión que dí e explica sin rodeos e sin mentiras o maravilloso invento que éste grupo de goberno acaba de sacar.
    Como dicen os seguidores do PONTEVEDRA de futbol: ¡ AI QE ROELO !
    Éste comentario o dí: TOÑITO o de Quisqueya.

    ResponderEliminar
  2. Pretender que, estos actuales gobernantes, piensen en los demás, o en A Guarda, es de I-LU-SOS. Sin embargo, han corrido a realizar una modificación puntual, denominada nº 3, del PGOU, según manfiestan, al NO EXISTIR NUEVO PLANEAMIENTO EN FASE DE APROBACIÓN INICIAL O POSTERIOR (lo aseveran ellos), para habilitar la construcción de aparcamientos subterráneos bajo vías públicas y bajo espacios libres públicos... además de haber realizado otra modificación nº 4, la cual sí la están aplicando, y con ello, poder amparar algunas infracciones urbanísticas consentidas hasta ahora.
    Los aparcamientos no es urgente... porque es una manera fácil de "generar" ingresos, por la imposición de multas... salvo que quien aparque mal, sea el Alcalde y Cía. ¡Las Leyes son de aplicación para los demás, que no sean ellos y sus adláteres!.

    ResponderEliminar
  3. Morais manifesta:
    Estamos ante unha ditadura do PSOE, matizando un pouco a ditadura dos mercados, que están presentes na economía e ninguén sabe quen son.
    Sobre o aparcamento que alardean na paxina nº 19 no librinho demagóxico "O teu pobo", o ditador Presidente do concello de A Guarda non ten puta idea de como é o terreo en esa zona, (Desconhecemento do Pobo), e chocante é afirman que disponhen dun estudo do subsolo para saber a viabilidade, a realidade é unha zona de pedra en definitiva están mentindo e vendendo fume, seguramente dirán os sondeos é zona de area,ja,ja,ja....

    ResponderEliminar