O grupo vocal Escoiten
O grupo vocal Escoiten está formado por: Plácido Travieso, Julia Cea, Rocío Fernandez, Carmen Cividanes, Fabiola Vicente, José María Jiménez, Ivan Vale, Gonzalo Castro e Paulo Gacio.
O director do grupo vocal é Plácido Travieso.
Reseña curricular de Plácido Travieso
Nace en Covas-Viveiro, 1972 estuda nos Conservatorios de Viveiro e Santiago de Compostela, onde obtén o Título de Profesor Superior de Piano coa profesora Montserrat Porto Souto no ano 2001. De xeito paralelo á súa formación como pianista, e desde o ano 1996, estuda Dirección de Coro nos Cursos de Verán que organiza a Asociación Coral Camerata ad libitum na provincia de Pontevedra, destacando a influencia dos mestres Julio Domínguez(Ponteareas), Javier Busto(Euskadi) e Tamara Brooks (EEUU). Entre os anos 1992-2005 dirixe a Coral Polifónica do Vicedo(Lugo) e na actualidade o Coro de Cámara Escoiten, de recente formación e composto por cantores de diversas zonas da Comunidade Galega. En relación á súa experiencia docente destaca o traballo realizado para a Escola de Músicada Asociación Cultural Robaleira de Cedeira (A Coruña) entre o período 1999-2006. Desde o ano 2007 traballa no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro onde, ademais de impartir diferentes materias complementarias do currículo dos graos elemental e profesional de música,actúa como pianista acompañante dos alumnos de Canto.
Grupo vocal Escoiten
O espírito itinerante estivo vinculado a Escoiten desde o seu primeiro ensaio. Este produciuse en Viveiro, en outubro de 2009. O feito de que os seus integrantes procedan de distintos lugares de Galicia, motivou que os ensaios trasladásense alí onde os seus membros residen. Deste xeito, ao de Viveiro seguíronlle os ensaios de Teo, A Coruña, Pantón e A Guarda. Os ensaios exponse non só como encontros de preparación musical, senón tamén como oportunidades para coñecer a contorna que se visita. Entre os muros do belo templo románico do Mosteiro de Ferreira de Pantón, na Ribeira Sacra lucense, puidéronse escoitar as voces de Escoiten por primeira vez. Foi tan só un ensaio, que serviu para avaliar o traballo desenvolvido ata o momento. A seguinte actuación produciuse na Igrexa de Camposancos, no municipio pontevedrés da Guarda, nas saias do simbólico monte Santa Trega. En marzo de 2010, Escoiten decide realizar un ensaio en Euskadi. O convento das MM. Agostiñas de Artziniega (Álava) acolle dous días de ensaio, tras os que dá un pequeno recital. En abril do mesmo ano, Escoiten ofrece o seu primeiro concerto ao público na Igrexa de San Francisco Javier da Coruña. Recentemente recibiron a invitación para viaxar á Bretaña francesa e ofrecer alí a súa música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario