9 de dec. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN DESTINA 311.000 € A ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN DO CAMPUS DE OURENSE




A comisión de seguimento e control do convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo ven de aprobar a relación de actividades desenvolvidas para a promoción e difusión cultural do Campus de Ourense, cuxo custe ascende a un total de 311.000 euros.

Infogauda / Ourense
Así o asinaron hoxe o vicerreitor do Campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez, e Francisco González Bouzán, en representación da Deputación provincial, nun documento que recolle as diferentes actuacións que no eido cultural leváronse a cabo ao longo de 2009 para promover, difundir e promocionar o ámbito cultural no Campus de Ourense.Entre as actividades desenvolvidas destaca o Programa de Apoio á Investigación “Innova Ourense”, que recibiu unha achega de 119.000 euros, seguido do Aula de Teatro e a MITEU, que recibiu unha subvención de 47.177 euros, e dos Cursos de Verán, para os que se destinaron 38.854 euros. Outros apartados igualmente subvencionados foron a Cátedra Carlos Casares, con 30.000 euros; o Programa de Apoio á Mobilidade Estudiantil, 27.000 euros; a “Intercultural”, que recibiu 18.159 euros; os obradoiros, correspondentes aos cursos 2008/09 e 2009/10, que recibiron unha achega total de 17.900 euros; os X!X Encontros Literarios, 4.117 euros; o Coro Universitario, 3.640 euros; a Sala Alterarte, 2.600 euros, e o Ciclo “Visións de Galicia”, que recibiu unha subvención de 2.366 euros. A excelente acollida que todas estas actividades tiveron entre o público universitario e entre a sociedade ourensá en xeral, fai que tanto a Deputación de Ourense como a Universidade de Vigo contemplen a continuidade de seguir mantendo esta liña de colaboración co obxectivo continuar potenciando as actuacións culturais no eido académico e universitario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario