DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos humanos e, por segundo ano consecutivo, o Centro Cultural da Deputación acollerá un acto de lectura pública da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (realizada por primeira vez no ano 1948).
Infogauda / Ourense
Esta actividade está coordenada dende a Ca sa da Xuventude e nela participarán diferentes persoeiros da vida pública social, política e cultural da cidade, que realizarán cada un deles a lectura dun dos dereitos.Está previsto que o Presidente da Deputación e o alcalde de Ourense pechen o acto coa lectura dos dous últimos.En relación á celebración e conmemoración do día internacional dos Dereitos Humanos, o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon dixo: “É o noso deber garantir que eses dereitos se fagan efectivos na realidade –que sexan coñecidos, comprendidos e disfrutados por todos, en tódolos lugares do mundo. Con frecuencia, os que máis necesitan que se protexan os seus dereitos humanos son os que tamén necesitan estar informados da existencia da Declaración- e de que existe para todos”.Será o día 10, xoves, a partires das 20:30 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario