9 de dec. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN NOMEA A XAIME QUESSADA “FILLO PREDILECTO” DA PROVINCIA



A Deputación provincial de Ourense nomeará o vindeiro venres, día 11 de decembro, ás 11:00 horas, “Fillo Predilecto” da provincia a título póstumo ao artista ourensán Xaime Quessada Porto, tras acordo unánime dos grupos representados na institución.

Infogauda / Ourense
O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, entregará á viuva de Quessada o pergamino no que se recolle o seu nomeamento, despois de que se distinguise a súa vida por unha prolífica actividade artística, un marcado compromiso social e unha intensa presenza no mundo da plástica provincial e autonómica, formando parte do chamado colectivo dos “artistiñas”.A figura de Xaime Quessada será glosada polo siquiatra Santiago Lamas e polo parlamentario Miguel Santalices, ambolosdous vellos amigos do pintor.Ademais da pintura, Quessada tamén fixo incursións na literatura e na escultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario