SONS DA EIRA PRESENTA O SEU DISCO NO CENTRO CULTURAL
O grupo de acordeóns “Sons da Eira”, integrado por Helena Sousa e Daniel Rodríguez Meiriño, presentará o seu último disco no Centro Cultural da Deputación, o vindeiro venres, día 11 de decembro, ás 19:45 horas.
Infogauda / Ourense
Baixo o título de “Incordiando”, os dous acordeonistas presentan un t raballo discográfico que recolle 15 títulos nos que se misturan de maneira armónica pezas de música clásica con cancións tradicionais como tangos ou cumbias, para pechar con música galega.Este disco, editado polo sello Armonía Universal e no que colabora a Deputación de Ourense, será presentado ao público nun acto con acceso libre e onde se interpretarán varias pezas por parte dos dous protagonistas.O libreto do disco recolle o amplo currículo dos intérpretes. De Helena Sousa destacan os máis de 30 premios de carácter nacional e intenacional acadados, a pesares da súa curta idade. De Daniel Rodríguez Meiriño, a súa actividade académica e o seu compromiso co mundo do acordeón como organizador e difusor de eventos internacionais deste instrumento, xunto coa súa densa historia como promotor de agrupacións musicais.Lembren, o día 11 de decembro, ás 19:45 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural da Deputación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario