14 de dec. de 2017

A GUARDA

O Concello e 48 asociacións guardesas firman  os convenios de subvención para este 2017  

As axudas municipais, cunha contía total de 131.140,00 €, destínase a distintas asociacións de carácter deportivo, cultural e social na Guarda

O alcalde Antonio Lomba Baz, con Carmen Castro González e Marina González González, da Asociaciación Mulleres Progresistas de A Guarda
Foto: C. A. G.


Infogauda / A Guarda

 O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, e os representantes de 48 asociación guardesas están a firman durante estas semanas os convenios das subvencións nominais concedidas a cada unha delas para o ano 2017, aprobados en Pleno Ordinario.   

 Desde o executivo do Concello de A Guarda indican que "as axudas municipais, cunha contía total de 131.140,00 €, destínase a distintas asociacións de carácter cultural, deportivo e social na Guarda, co obxectivo de contribuír ao correcto desenvolvemento das entidades de acordo coas actividades levadas a cabo por cada unha delas.   

 De entre as asociacións beneficiarias, 23 delas son entidades culturais e 18 constitúen asociacións deportivas, namentres as 7 restantes desenvolven labores de carácter social e, de xeito extraordinario, as Festas do Monte Santa Trega perciben axuda en calidade de actividade cultural.   

 O Concello destina ás asociacións deportivas guardesas un total de 66.400,00 €;  ás entidades culturais percibirán 45.540,00 €, e ás asociacións con fins sociais un total de 19.200,00 €. Os colectivos que recibirán un maior importe en cada unha das categorías son as Festas do Monte Santa Trega e a Agrupación Musical da Guarda (Cultura), o Club de Balonmán Mecalia Atlético Guardés e o Club de Remo Robaleira (Deporte), e o Centro San Xerome Emiliani e a Asociación Érguete Baixo Miño (Fins Sociais).

 O Concello da Guarda é un dos gobernos locais da comarca que máis subvencións destina ás asociacións deportivas, culturais e de carácter social no seu municipio, dada a variedade e calidade das organizacións que desenvolven unha importante labor diaria en beneficio dos guardeses e guardesas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario