15 de ago. de 2017

A GUARDA

CUARTO IZQUIERDA + ARTISTA CONVIDADO

CONCERTO EN BENEDICTUS PIANO BAR

Venres 18 de agosto ás 23:30 h.



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O dúo Cuarto Izquierda ten axendado un novo concerto acústico neste verán. Será o vindeiro venres día 18 de agosto, ás 23:30 h., no Benedictus Piano Bar (Rúa Concepción Arenal, nº 7 - A Guarda).

 Nesta ocasión Antonio González (piano e voz) e Álex Martínez (guitarra acústica, percusión e voz), ademáis de interpretar unha selección musical do seu amplo repertorio, contarán con un artista convidado, compoñente de Heissel, que interpretará seis temas.

 Será, con certeza, unha velada moi grata tanto para Cuarto Izquierda e seu convidado, como para o respectable público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario