27 de xul. de 2017

OIA

Ángeles Vázquez recibe á alcaldesa de Oia para avanzar na mellora das infraestruturas rurais deste concello pontevedrés


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa

Infogauda / Oia

 A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse onte mércores, día 26 de xullo, coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, para abordar asuntos de interese para o agro deste municipio pontevedrés, relacionados coa fixación da poboación no rural e a mellora dos seus servizos. 

 En concreto, a rexedora municipal trasladoulle á conselleira peticións relacionadas con zonas de regadío e co traballo que levan a cabo diferentes comunidades de regantes. Ademais, solicitou a cesión dunha motobomba para a loita contra os incendios forestais, que a titular de Medio Rural comprometeuse a facer efectiva á maior brevidade posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario