21 de xul. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

OS MELLORES BANCOS DO UNIVERSO ESTÁN NO TREGA

Así o ven de afirmar José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos



Nas imaxes, algúns dos bancos colocados no Monte Santa Trega, pola Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos
Fotos: C.MM.M.C.C.


Infogauda / Camposancos


 Na mañá deste venres día 21 de xullo de 2017, a Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, ven de colocar en distintos lugares da aba do Monte Santa Trega, que verte cara a Camposancos, 15 bancos artesanais feitos de troncos de eucaliptos vermellos e traballados a motoserra. 

 As ubicacions dos devanditos bancos son, entre outras, as seguintes: pista perimetral; miradoiro das estrelas (parque de Chans); Alto de Espiñeiro; Rego de Bico San; A Campana; Outeiro do Lobo; Camiño do Carro, etc.. 

 Os mellores bancos do Universo están no Trega, afirma rotundo José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos

 Traballamos para poñer o Trega como se merece, con moi poucos recursos económicos, sinala José Fernando Martínez. 

 É unha mágoa - engade o presidente da Xunta Rectora - que o Padroado [Municipal Monte Santa Trega] ingrese anualmente mais de 185.000,00 € e no monte directamente non se invista a lo menos o cincuenta por cento dos ingresos. O partido do goberno municipal, sí de verdade quer que o Padroado teña futuro, terá que cambiar radicalmente a súa forma de facer. 

 Non quero silenciar que no ano 2015 o monte [Santa Trega] non recibiu nin un céntimo de investimento do Padroado. 

 No ano 2016 se invistiron algo máis de 36.000,00 euros, e neste 2017 a mesma cantidade. A repartir entre as dúas comunidades 18.700,00 € cada unha

 Entendemos que isto non pode seguir así, e que o Trega hai que coidalo e mimalo como se merece. Cartos hai dabondo e o que ten que facer o Presidente do Padroado (alcalde de A Guarda) é repartir mellor os ingresos e deixarse de contos, que si visitas guiadas gratis,.... As comunidades de montes estamos esixÍndolle un mellor reparto e entendemos - os de Camposancos a lo menos -, que cada comunidade ten que recibir anualmente a lo menos 35.000,00 € do orzamento do Padroado para poder seguir mellorando toda a contorna do Trega. De non ser así teremos que tomar medidas... 

 Como as nosas contas son públicas a ninguén se lle escapa que tanto o ano pasado como este investimos no monte bastante mais do dobre do que recibimos do Padroado e isto é temerario, e o que non podemos é arruinarnos habendo ingresos como os que temos e que o Sr. Presidente administra daquela maneira.  

CHARLA SOBRE SÂO ESTEVÂO DE KANDUMBU

Padre Manuel Abel dos Santos, párroco de Benguela
Foto: https://benguela.blogspot.com.es/


 O vindeiro luns día 24 de xullo, as 20:30 horas na Casa Cultural da Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos haberá unha charla sobre Sâo Estevâo de Kandumbu, Benguela (Angola), que tratará sobor do tema: "Un proxecto solidario que transforma a vida das persoas". 

 O ponente será o Padre Manuel Abel dos Santos, educador relixioso e párroco de Benguela.

HOMENAXE AO P. BALTASAR MERINO

 Por outra banda, o día 24 de setembro a Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos tributará unha homenaxe póstuma o P. Baltasar Merino Román (S. X.), falecido fai 100 anos.

 O P. Baltasar Merino, conviviu trinta anos no colexio da Pasaxe. Foi non soio un pioneiro da meteoroloxía senón posiblemente o botánico mais grande de Galicia. 

 Por todo iso, a Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Camposancos, adicaralle o Parque de Chans, no Monte Santa Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario