22 de xuño de 2017

A GUARDA

UNANIMIDADE PLENARIA PARA RECUPERAR O CUNCO MILLEFIORI PARA O MUSEO ARQUEOLÓXICO DO MONTE SANTA TREGA

Con data de 26 de maio de 2017, a Corporación Municipal de A Guarda, en sesión ordinaria, aprobou por unanimidade a proposta conxunta de solicitude para o MASAT do cunco de pasta millefiori

Cunco de pasta millefiori atopado en 1986, nunha campaña de excavación arqueolóxica no monte Santa Trega
Foto: Museo de Pontevedra

Fátima Iglesias Ferreira / A Guarda

 O pasado mes de maio, Ricardo Rodríguez Vicente presentaba no rexistro municipal do noso concello, unha proposta para promover a recuperación para o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, o cunco de pasta milleriori, como magnífico xesto para conmemorar o Día Internacional dos Museos (18 de maio). 

 A raiz deste escrito, algúns concelleiros se puxeron en contacto entre eles, como é o caso de Fátima Iglesias Ferreira, para apoiar a proposta e transmitir as felicitacións pola mesma a Ricardo Rodríguez. 

 Foi na comisión de asuntos plenarios do día 23 de maio, cando se decidía por unanimidade dos representantes municipais na mesma, xuntar vontades e levar unha proposta conxunta para a súa aprobación no seguinte pleno da Corporación Municipal. 

 Segundo explica Ricardo, o cunco de pasta millefiori foi atopado no xacemento do monte Santa Trega, na excavación arqueolóxica dirixida por Antonio de la Peña Santos, no 1986. É unha peza de mediano tamaño, de vidro polícromo, de complexísima fabricación (recomendamos a quen non o fixera, adentrarse nesta historia). A peza está dende fai anos no Museo de Pontevedra, e o que solicita a proposta é: "Que veña para o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega e recuperaremos así para A Guarda esta peza que aquí foi atopada"

 Como Ricardo Rodríguez expón: "Estamos diante dunha lexítima aspiración como guardeses". 

 Con data de 26 de maio de 2017, a Corporación Municipal de A Guarda, en sesión ordinaria, aprobou por unanimidade a proposta conxunta de solicitude para o MASAT do cunco de pasta millefiori.  

 Grazas Ricardo Rodríguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario