28 de abr. de 2017

A GUARDA

A Agrupación Musical de A Guarda amenizará a última fin de semana de abril co ‘Concerto de Primavera’

Este sábado 29 de abril, ás 20:30 horas, na Praza do Reló 



Infogauda / A Guarda

 Esta fin de semana a Agrupación Musical de A Guarda quere convidar a todos ao seu Concerto de Primavera, co que A Guarda despedirá o mes de abril e dará a benvida ao mes das flores, das alfombras e da primavera por excelencia. 

 Este concerto celebrarase este sábado 29 de abril na Praza do Reló, e, en caso de tempo desapracible, na Casa dos Alonso. A velada dará comezo ás 20:30 horas e nela a Agrupación Musical de A Guarda interpretará diferentes pezas musicais do seu repertorio nun acto que da comezo ás súas actividades de primavera-verán.  

 O Concello da Guarda, que colabora neste evento organizado pola Agrupación Musical de A Guarda, tamén anima a tódolos veciños e visitantes a achegarse ata A Guarda nesta ponte do 1º de Maio e aproveitar para desfrutar deste concerto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario