
O Grupo de Afectados das Participacións Preferentes do Baixo Miño, informa das seguintes actuacións que se van desenvolver na vindeira semana:
LUNS, 5 de marzo, a partir das 9,30 horas: Concentración diante de tódalas sucursais de Caixanova do Baixo Miño: Oia, A Guarda, O Rosal, Goián, Tomiño; Tui e Salceda. É importante que tódolos afectados acudan ás súas respectivas sucursais, xa que temos que seguir presionando. Levade asubíos, bucinas..., que se note a presenza dos que foron enganados polos bancos que non tiveron escrúpulos en levar a cabo un dos maiores FRAUDES cometidos pola banca.
Esperamos que os máis de trescentos afectados das participacións preferentes que hai no Baixo Miño, apoien coa súa presenza as concentracións previstas para o luns.

MARTES, 6 de marzo, de 10,00 ás 12,00 horas: estaremos no local de ANABAM (rúa Calvario,44 de A Guarda) para axudar a cubrir as solicitudes de NULIDADE DE CONTRATO e de ORDE DE VENDA das participacións preferentes.
Lembramos tamén, para as persoas interesadas, que ADICAE ampliou o prazo, ata o día 15 de marzo, para as persoas que desexen presentar unha demanda colectiva.
Lembra, se tes PARTICIPACIÓNS PREFERENTES, non quedes na casa, mobilízate, únete ao Grupo de afectados, infórmate a través do Facebook, contacta con nós en fraudeparpre@gmail.com.
Ninguén vai resolver o teu problema se non tratas ti de resolvelo. Na casa, ninguén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario